icon_talleres

Talleres de reparación de vehículos automóbiles

front-view-car-service-employees

Este catálogo comprende os trámites necesarios para levar a cabo a actividade industrial e a prestación de servizos dos talleres de reparación de vehículos automóbiles e dos seus equipamentos e compoñentes, como únicos axentes de prestación de servizos con capacidade para mantelos e reparalos.

Consideraranse talleres de reparación de vehículos aqueles establecementos industriais nos que se efectúen operacións encamiñadas á restitución das condicións normais do estado e funcionamento de vehículos automóbiles ou de equipamentos e compoñentes destes nos que se poñan de manifesto alteracións nas ditas condicións con posterioridade ao remate da súa fabricación.

Trámites

O inicio da actividade de servizos está liberalizada, co cal, para poder empezar a prestación de servizos, só será necesario que a persoa física ou xurídica solicite, a través dos procedementos habilitados para tal fin na sede electrónica da Xunta de Galicia, a inscrición do establecemento do taller, mediante a presentación dunha declaración responsable, e das instalacións deste sometidas a lexislación específica de seguridade industrial, mediante unha comunicación. Realizado este proceso, poderase exercer a actividade, o cal non exime do cumprimento doutros aspectos relacionados co marco normativo e sectorial de referencia.

Referencias Normativas

Real decreto 1457/1986, do 10 de xaneiro, polo que se regulan a actividade industrial e a prestación de servizos nos talleres de reparación de vehículos automóbiles, dos seus equipamentos e compoñentes.
Decreto 70/2011, do 7 de abril, polo que se regulan a actividade industrial e a prestación de servizos nos talleres de reparación de vehículos automóbiles e dos seus equipamentos e compoñentes.