Innovación e produtos financeiros: coñece as fintech

Na contorna financeira actual, os novos produtos tecnolóxicos están a desempeñar un papel crucial para impulsar a innovación. O termo “fintech”, que xorde da combinación das palabras inglesas finanzas e tecnoloxía, reflicte como as ferramentas tecnolóxicas transformaron a forma no que as empresas desenvolven produtos adaptados ás novas necesidades.

Este concepto está intrinsecamente vinculado á industria 4.0, onde a dixitalización e a automatización son claves para a evolución dos negocios. Aínda que as fintech aínda representan unha porcentaxe relativamente pequena dentro do mercado financeiro global, o seu ritmo de crecemento é vertixinoso. Contribúen á innovación non só pola creación de produtos financeiros máis áxiles e personalizados, senón tamén porque permiten unha maior mobilidade e melloran significativamente a experiencia do cliente.

Neste contexto, as fintech están reconfigurando áreas tan variadas como a banca móbil, os servizos de pago, o trading, a xestión do risco e o asesoramento financeiro, entre outros.

Diversidade de produtos fintech que fomentan a innovación

As fintech abarcan unha gran variedade de produtos, cada un deseñado para mellorar unha parte específica do ecosistema financeiro. Entre os máis común están:

  • Fintech de finanzas persoais: estas aplicacións permiten aos usuarios xestionar as súas finanzas de maneira eficiente, proporcionando un control detallado de contas, gastos e recomendacións personalizadas de produtos financeiros segundo as necesidades específicas de cada persoa.
  • Fintech de servizos de pago: plataformas que permiten facer pagos online de maneira inmediata e sen saír dunha aplicación.
  • Fintech de xestión e asesoramento de capital: utilizando tecnoloxías dende o big data ao machine learning pasando pola intelixencia artificial, permiten ofrecer calquera tipo de asesoramento á hora de xestionar capital.
  • Fintech de financiamento: ofrecen a posibilidade de acceder a préstamos rápidos online tanto para particulares como pemes a través de plataformas dixitais bancarias. Aquí tamén se inclúen as que xestionan crownfunding.

En conclusión, a innovación e as novas necesidades de consumo  están detrás do impulso a creación de produtos financeiros que están transformando o sector non só adáptanse ás novas demandas do mercado, senón que tamén fomentan unha cultura de innovación. Ao aproveitar as vantaxes da tecnoloxía, as fintech están a revolucionar a forma en que se ofrecen e consomen os servizos financeiros.