- Esta liña de axudas beneficiou a un total de 9 concellos da provincia de Pontevedra por valor de máis de 660.000 euros
- Na comarca do Salnés tamén se beneficiaron destas axudas os concellos de Sanxenxo e Vilanova de Arousa
Meaño (Pontevedra), 22 de outubro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o Polígono Industrial A Pedreira, en Meaño, que foi un dos beneficiados polas axudas da Xunta para habilitación e mellora das infraestruturas dos parques empresariais galegos.Así, o concello de Meaño recibiu unha achega de preto de 90.000 euros para a mellora das infraestruturas viarias, o que permitiu renovar o firme dunha extensa área no interior do polígono.
Trátase, segundo explicou o delegado territorial, dunha “actuación necesaria e que beneficia directamente ás empresas que están aquí asentadas e que invisten en Galicia, polo que merecen contar cunhas infraestruturas á altura que lles permitan desenvolver a súa actividade con toda a comodidade e seguridade posibles”.
Cabe destacar que estas axudas benefician a un total de 9 parques empresariais na provincia de Pontevedra por valor de máis de 660.000 euros. Na comarca do Salnés estas axudas tamén permitiron mellorar os parques de Sanxenxo e Vilanova de Arousa.