Na actualidade a tecnoloxía avanza cada vez máis rápido, o que provoca que as empresas teñan que estar sempre en constate proceso de investigación e innovación tecnolóxica. Neste artigo, analizaranse algunhas das tendencias máis relevantes que están a marcar o presente e o futuro da industria.
Intelixencia Artificial (IA) e Aprendizaxe Automático (AA)
Actualmente contamos con moitas plataformas que nos permiten empregar a intelixencia artificial (IA) na nosa vida cotiá, pero esta tecnoloxía tamén se pode aplicar a nivel industrial. A intelixencia artificial inclúe o aprendizaxe automático (AA), un campo onde as máquinas aprenden dos datos sen necesidade de ser programadas directamente. A unión destas dúas tecnoloxías ofrécenos beneficios coma:
- Optimizar procesos de produción: grazas aos sensores das máquinas, pódese predicir cando pode ocorrer unha avaría, o que permite evitar paradas custosas
- Mellora da calidade do produto: os sistemas con intelixencia artificial poden detectar defectos e garantir un control de calidade rigoroso.
- Personalización da oferta e análise de datos: a IA analiza grandes volumes de datos para identificar patróns de consumo, permitindo adaptar produtos ou servizos ás necesidades dos clientes e tomar decisións estratéxicas máis acertadas.
- Loxística e xestión da cadea de subministración: a IA optimiza rutas de transporte, predí a demanda e mellora a xestión de stocks, diminuíndo custos e tempos de entrega.
Realidade Virtual e Realidade Aumentada
A tecnoloxía das gafas de Realidade Virtual (RV) crea un entorno completamente dixital que nos envolve, mentres que a Realidade Aumentada (RA) combina o mundo real co dixital, proxectando elementos virtuais no campo de visión. Estas tecnoloxías ofrecen numerosas vantaxes para a industria, como:
- Eficiencia no almacen: as gafas indican ao operario o lugar exacto das mercadorías e as rutas máis óptimas para preparar os pedidos.
- Márketing e vendas: para produtos voluminosos ou de alto valor, coa RA pódese facer unha demostración virtual realista para o cliente.
- Asistencia e mantemento: en reparacións complexas, os técnicos poden visualizar os pasos a seguir de forma sinxela e guiada.
A innovación industrial en Galicia está nun punto de inflexión. As tecnoloxías que acabamos de mencionar, non son conceptos futuristas, senón ferramentas actuais que están a marcar o éxito das empresas máis avanzadas.
É fundamental que a industria galega aposte polas novas tecnoloxías para manter a súa competitividade nun contexto de cambio constante. Se precisas apoio dunha persoa experta nesta materia, podes solicitar o asesoramento gratuíto que ofrecemos desde a Oficina Económica de Galicia.