MEDIDA APLICADA: RECONFIGURACIÓN DA OFERTA COMERCIAL
Pamela Cañón | Socia fundadora de Epoltech
En que lle axudamos?
No lanzamento dun novo produto ao mercado. Axudáronnos coa estratexia comercial e de marketing para a nova división da empresa, centrada na fabricación de máscaras hixiénicas e cirúrxicas. Contar coa axuda de expertos na materia permitiunos planificar ben os distintos fitos e etapas do lanzamento, analizando cales eran prioritarias, así como establecer unha estratexia de marketing a longo prazo.
Recomendarías o servizo?
Sen dúbida. O asesoramento provén de persoas expertas nesa área, cun servizo personalizado e adaptado ás circunstancias de cada empresa. A través de reunións periódicas realizan un seguimento moi completo do proxecto. No noso caso, sen dúbida algunha, o servizo foi unha grande axuda.