Patentar para avanzar na protección da innovación no sector farmacéutico e sanitairo

A innovación é o motor que impulsa o progreso na saúde. Detrás de cada novo medicamento, vacina ou terapia hai anos de investigación, probas e investimento. Neste contexto, a propiedade intelectual convértese nunha ferramenta clave para garantir que esas innovacións estean protexidas, recompensando o esforzo das persoas e entidades que as desenvolven e permitindo que novas investigacións sigan sendo posibles. 

A protección mediante patentes e dereitos de exclusividade non só defende a creatividade científica, senón que tamén axuda a que a sociedade poida beneficiarse dos avances médicos nun marco regulado e sostible. 

O valor das patentes no desenvolvemento farmacéutico 

Nun laboratorio de investigación, o camiño desde a idea ata o medicamento pode levar máis dunha década e supón investimentos millonarios. Sen unha protección adecuada, ese esforzo podería ser facilmente copiado, desincentivando a innovación. 

As patentes outorgan un dereito exclusivo durante un período limitado, normalmente vinte anos, que permite recuperar os custos de investigación e desenvolvemento (I+D) e financiar novos proxectos. 

Por exemplo, cando un equipo de investigación descobre unha nova molécula capaz de tratar unha enfermidade rara, a patente permítelles garantir que ninguén poida producir nin vender esa molécula sen autorización durante un tempo determinado. Isto crea un equilibrio entre recompensa e avance social xa que o inventor é recoñecido e a sociedade, a longo prazo, benefíciase do coñecemento xerado. 

O proceso de patentar un medicamento 

Patentar unha invención farmacéutica é un procedemento complexo e rigoroso. A innovación debe demostrar tres requisitos fundamentais: 

  • Novidade, é dicir, que non exista nada igual no mercado nin na literatura científica. 
  • Actividade inventiva, que supón un paso real máis aló do coñecido. 
  • Aplicación industrial, é dicir, que poida producirse e empregarse de forma práctica. 

Ademais, é esencial acompañar o proceso cun asesoramento legal e técnico especializado, xa que a redacción dunha solicitude de patente en materia farmacéutica require precisión científica e coñecemento xurídico. 

As patentes non son o único mecanismo de protección. No ámbito sanitario existe tamén os chamados dereitos de exclusividade de datos clínicos, que protexen a información xerada durante os ensaios clínicos e os estudos regulatorios. 

Estes dereitos permiten que, durante un tempo determinado, ningunha outra empresa poida utilizar os mesmos datos para comercializar un medicamento similar, garantindo así que a inversión en investigación se recupere e se manteña o incentivo para innovar. 

A resposta está en buscar fórmulas equilibradas como é promover políticas públicas que impulsen a investigación e, ao mesmo tempo, garantir que os avances cheguen a quen os necesita. Exemplos como os acordos de licenza voluntaria ou as colaboracións público-privadas están a demostrar que é posible combinar protección e accesibilidade. 

No ámbito farmacéutico, patentar é moito máis que un trámite administrativo é o instrumento que permite transformar unha idea nun avance real para a sociedade. 

A protección da propiedade intelectual garante que as investigacións poidan continuar, que os inventores sexan recoñecidos e que os novos tratamentos cheguen ao mercado con seguridade xurídica. 

Contar con guía experta pode facilitar enormemente cada paso da implantación. A Oficina Económica de Galicia pon á túa disposición asesoramento gratuíto e recursos específicos para favorecer o crecemento da túa iniciativa.