Atraer e potenciar novos investimentos nacionais e internacionais.
Fomento da innovación, internacionalización e competitividade.
Simplificación dos procedementos administrativos necesarios para a implantación.
3.Requisitos
PROXECTOS INDUSTRIAIS ESTRATÉXICOS (ARTIGO 78)
Poderán ser declaradas como proxectos industriais estratéxicos aquelas iniciativas que cumpran polo menos dous dos seguintes requisitos (*):
Volume de investimento mínimo de 20 millóns de euros.
Creación de emprego mínimo de 100 postos de traballo directos, baixo a modalidade de contrato indefinido e computados a xornada completa.
Que complementen cadeas de valor ou que pertenzan a sectores considerados estratéxicos e estean aliñados cos obxectivos da Unión Europea ou que se integren no financiamento “instrumento temporal de recuperación europea Next Generation EU”.
(*) Coa excepción dos proxectos eólicos regulados na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia.
Poderán ser declarados como proxectos industriais estratéxicos aqueles proxectos que sen cumprir os requisitos anteriores, se estime de forma xustificada que teñen un interese e incidencia cualificada para o desenvolvemento ou execución da política e o tecido industriais galegos, e que pola súa magnitude ou características teñen unha incidencia territorial, económica e social que transcenda o ámbito municipal, de tal forma que se consideren portadoras dun interese supramunicipal cualificado e que cumpran os seguintes requisitos (*)
Investimento no proxecto industrial superior a 2 millóns de euros.
Creación de emprego mínima de 25 postos de traballo, baixo a modalidade de contrato indefinido e computados a xornada completa. Computaranse tamén os empregos indirectos sempre que quede debidamente xustificada a súa futura creación.
Que se acredite a titularidade do solo onde se vai a implantar o proxecto ou o acordo coas persoas titulares, agás que se vaia a implantar en solo empresarial promovido polo IGVS
(*) Coa excepción dos proxectos eólicos regulados na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia
Carácter prioritario da tramitación por parte da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia dos procedementos necesarios para a implantación do proxecto.
Concorrencia de razóns de interese público para os efectos da tramitación de urxencia dos procedementos. Redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario.
Declaración de interese autonómico e prevalencia sobre o planeamento urbanístico vixente
Non suxeición aos títulos habilitantes urbanísticos de competencia municipal.
Posible adxudicación directa de solo empresarial promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Posible concesión de subvencións sen concorrencia competitiva
Declaración de utilidade pública e de interese social para os efectos expropiatorios e prevalencia sobre outras utilidades públicas. Necesidade e urxencia da ocupación dos bens e dos dereitos afectados.
Imposición ou a ampliación de servidume de paso para as vías de acceso, as liñas de transporte e distribución de enerxía.
Carácter prioritario da tramitación por parte da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia dos procedementos necesarios para a implantación do proxecto.
Concorrencia de razóns de interese público para os efectos da tramitación de urxencia dos procedementos. Redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario.
Declaración de interese autonómico e prevalencia sobre o planeamento urbanístico vixente
Non suxeición aos títulos habilitantes urbanísticos de competencia municipal.
Posible adxudicación directa de solo empresarial promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Posible concesión de subvencións sen concorrencia competitiva.