- Inicio
 - Proxectos industriais
 - Proxectos industriais estratéxicos
 
proxectos industriais
proxectos 
industriais 
estratéxicos
				Regulación
Obxectivos
Requisitos
Efectos
Regulación
						Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial.
Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
				
							Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
Obxectivos
- Atraer e potenciar novos investimentos nacionais e internacionais.
 - Fomento da innovación, internacionalización e competitividade.
 - Simplificación dos procedementos administrativos necesarios para a implantación.
 
Requisitos
- 
PROXECTOS INDUSTRIAIS ESTRATÉXICOS (ARTIGO 78)
 
- Volume de investimento mínimo de 20 millóns de euros.
 - Creación de emprego mínimo de 100 postos de traballo directos, baixo a modalidade de contrato indefinido e computados a xornada completa.
 - Que complementen cadeas de valor ou que pertenzan a sectores considerados estratéxicos e estean aliñados cos obxectivos da Unión Europea ou que se integren no financiamento “instrumento temporal de recuperación europea Next Generation EU”.
 
- 
PROXECTOS INDUSTRIAIS ESTRATÉXICOS (ARTIGO 78 BIS)
 
- Investimento no proxecto industrial superior a 2 millóns de euros.
 - Creación de emprego mínima de 25 postos de traballo, baixo a modalidade de contrato indefinido e computados a xornada completa. Computaranse tamén os empregos indirectos sempre que quede debidamente xustificada a súa futura creación.
 - Que se acredite a titularidade do solo onde se vai a implantar o proxecto ou o acordo coas persoas titulares, agás que se vaia a implantar en solo empresarial promovido polo IGVS
 
Efectos
- 
PROXECTOS INDUSTRIAIS ESTRATÉXICOS (ARTIGO 78)
 
- Carácter prioritario da tramitación por parte da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia dos procedementos necesarios para a implantación do proxecto.
 - Concorrencia de razóns de interese público para os efectos da tramitación de urxencia dos procedementos. Redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario.
 - Declaración de interese autonómico e prevalencia sobre o planeamento urbanístico vixente
 - Non suxeición aos títulos habilitantes urbanísticos de competencia municipal.
 - Posible adxudicación directa de solo empresarial promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.
 - Posible concesión de subvencións sen concorrencia competitiva
 - Declaración de utilidade pública e de interese social para os efectos expropiatorios e prevalencia sobre outras utilidades públicas. Necesidade e urxencia da ocupación dos bens e dos dereitos afectados.
 - Imposición ou a ampliación de servidume de paso para as vías de acceso, as liñas de transporte e distribución de enerxía.
 
- 
PROXECTOS INDUSTRIAIS ESTRATÉXICOS (ARTIGO 78 BIS)
 
- Carácter prioritario da tramitación por parte da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia dos procedementos necesarios para a implantación do proxecto.
 - Concorrencia de razóns de interese público para os efectos da tramitación de urxencia dos procedementos. Redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario.
 - Declaración de interese autonómico e prevalencia sobre o planeamento urbanístico vixente
 - Non suxeición aos títulos habilitantes urbanísticos de competencia municipal.
 - Posible adxudicación directa de solo empresarial promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.
 - Posible concesión de subvencións sen concorrencia competitiva.