Resiliencia enerxética para empresas galegas: leccións tras o RDL 7/2025

En xuño de 2025, o Goberno publicou a Real Decreto-lei 7/2025, do 24 de xuño, con medidas urxentes para reforzar o sistema eléctrico. Aínda que finalmente non foi validado polo Congreso dos Deputados, este proceso puxo sobre a mesa algo que ningunha empresa pode ignorar: a xestión enerxética xa non é só unha cuestión de custos, senón de competitividade e supervivencia.

O debate xerado polo RDL evidenciou a urxencia de contar con estratexias claras que permitan ás empresas anticiparse a cambios normativos, optimizar o seu consumo e aumentar a súa resiliencia fronte a posibles interrupcións na subministración eléctrica.

Que pretendía o RDL 7/2025?

O RDL 7/2025 estaba deseñado para reforzar a estabilidade do sistema eléctrico e fomentar un uso máis eficiente da enerxía. Entre os seus obxectivos destacaban:

  • Mellora da flexibilidade e estabilidade da rede eléctrica.
  • Impulso de proxectos de autoconsumo e almacenamento, especialmente no ámbito industrial e comercial.
  • Incentivación da eficiencia enerxética e a electrificación de procesos produtivos.

Aínda que estas medidas non chegaron a aplicarse, a discusión pública que xerou pon en evidencia unha contorna normativa dinámica. As empresas que se adiantan a estes cambios teñen unha vantaxe competitiva clara: están preparadas para “case” calquera escenario enerxético futuro.

Como poden reaccionar as empresas galegas

Fronte a este panorama, existen varias estratexias que poden marcar a diferenza:

  1. Diagnóstico enerxético integral: analizar a fondo o consumo, os patróns de demanda e os custos asociados, permitiranos identificar oportunidades de aforro e reforzar a resiliencia fronte a interrupcións.
  2. Optimización de contratos e subministracións: axustar os contratos de electricidade e revisar as tarifas segundo o perfil de consumo de cada empresa pode reducir significativamente os custos e aumentar a flexibilidade #ante cambios regulatorios.
  3. Acceso a ayudas y financiación vigente: aunque el RDL 7/2025 no se convalidó, aún existen numerosas ayudas y subvenciones para proyectos de eficiencia energética, autoconsumo y sostenibilidad. Contar con asesoramiento especializado facilita la tramitación y asegura que la empresa aproveche todas las oportunidades disponibles. 

A Oficina Económica de Galicia: o teu aliado

A Oficina Económica de Galicia ofrece un asesoramento inicial para que as empresas galegas poidan converter os retos enerxéticos en oportunidades concretas. Entre os seus servizos destacan:

  • Análise de consumo e optimización de contratos.
  • Identificación de oportunidades de eficiencia e proxectos de autoconsumo.
  • Orientación sobre normativa vixente e preparación para cambios regulatorios futuros.

“Aínda que algunhas medidas do RDL non se aplicaron, contar con asesoramento experto permitiunos planificar algúns investimentos importantes en eficiencia e autoconsumo. Hoxe temos un consumo máis controlado e unha maior seguridade fronte a interrupcións” — Empresa galega asesorada pola Oficina.

Beneficios para a túa empresa

As empresas que se apoian nun asesoramento enerxético profesional obteñen diversas vantaxes tanxibles:

  • Redución de custos enerxéticos e maior eficiencia.
  • Autonomía e resiliencia, reducindo a dependencia da rede.
  • Cumprimento normativo e tramitación de axudas máis áxil.
  • Contribución á sustentabilidade, integrando proxectos de autoconsumo e eficiencia enerxética.

O debate en torno ao RDL 7/2025 é un recordatorio de que a enerxía, cada vez en maior medida, é un factor estratéxico na competitividade empresarial.

En xeral, pódese asegurar que as empresas que planifican, optimizan e apóianse en asesoramento experto e especializado non só reducen custos e melloran a súa eficiencia, senón que aseguran a súa capacidade de adaptarse aos cambios que se poidan producir na súa contorna.

Contacta coa Oficina Económica de Galicia agora e asegúrache que a túa empresa estea preparada para calquera escenario enerxético adverso ou aproveite as distintas oportunidades existentes para mellorar a súa eficiencia enerxética.