A Xunta avanza co sector na posta en marcha da Business Factory Energy para impulsar a innovación empresarial en enerxía

A Business Factory Energy busca acelerar startups e proxectos innovadores, facilitando a súa conexión co mercado e coas necesidades reais do sector enerxético No marco dun encontro de traballo coas empresas tractoras, avanzouse na validación dos primeiros retos da BF Energy e no reforzo da colaboración entre a Administración, as empresas e as entidades sectoriais […]