A Industria 4.0 chegou para revolucionar a forma en que producimos, operamos e interactuamos no mundo empresarial. Pola integración das novas tecnoloxías e a dixitalización dos procesos industriais, impulsando a eficiencia, a sustentabilidade e a innovación. En Galicia, esta transformación está cobrando forza grazas á Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0, promovida pola Xunta, que busca potenciar a adaptación tecnolóxica nas empresas galegas.
Galicia leva unha década traballando na transformación dixital. Actualmente, o hipersector TIC representa arredor do 3 % do PIB e emprega a máis de 21.800 persoas, demostrando un crecemento continuo e un impacto significativo na economía. Este esforzo está sendo liderado por medianas e grandes empresas, que se destacan na adopción de tecnoloxías innovadoras como a intelixencia artificial (IA). De feito, o 11,1 % destas empresas xa empregan IA para automatizar procesos e mellorar a toma de decisións.
As tecnoloxías clave que sustentan a Industria 4.0
- O Internet das Cousas (IoT), que permite conectar dispositivos e obxectos cotiáns á rede para crear un fluxo continuo de datos. Este sistema ofrece vantaxes como a monitorización en tempo real dos diferentes procesos, reducindo fallos e custos de mantemento. Ademais, coa información recollida, as empresas poden mellorar a cadea de subministración, evitar roturas de stock e personalizar a experiencia dos clientes segundo as súas preferencias e necesidades.
- A Intelixencia Artificial é outra tecnoloxía fundamental. A súa capacidade para procesar grandes volumes de datos, detectar patróns e tomar decisións informadas resulta crucial para optimizar operacións. Ademais de eliminar tarefas repetitivas, permitindo que os empregados se concentren en actividades estratéxicas, a IA facilita a análise de futuras tendencias, o que axuda ás empresas a anticiparse aos cambios do mercado. Para mellorar a comunicación e idealización dos clientes pódese incluír o uso inclúen chatbots e asistentes virtuais.
- A Realidade Virtual (RV) e a Realidade Aumentada (RA) tamén están a transformar o panorama industrial. Estas tecnoloxías ofrecen ferramentas interactivas e contorna inmersiva que melloran a formación mediante escenarios reais, permiten a visualización de produtos antes da produción e reducen erros nos procesos de deseño e prototipado. Ademais, pódense crear experiencias personalizadas para atraer clientes e fortalecer a imaxe de marca.
Unindo todas estas tecnoloxías, créase as Smart Factories ou fábricas intelixentes están a redefinir o concepto de manufactura. Estas instalacións non só automatizan procesos, senón que analizan datos, predín tendencias e optimizan operacións de forma continua. Os beneficios inclúen unha maior produtividade, sostibilidade, seguridade e calidade, permitindo unha fabricación máis eficiente e personalizada.
A dixitalización non só mellora a eficiencia operativa senón que tamén abre novas oportunidades para as empresas galegas. Entre os beneficios destacan:
- Acceso a novos mercados e clientes
- Optimización de recursos
- Unha maior adaptabilidade ante os cambios do mercado
- Lograr unha comunicación fluída que fortalece a relación co consumidor.
- Reducir custos de produción.
O camiño cara á dixitalización:
O camiño cara á dixitalización require unha planificación estratéxica e un enfoque integral que considere tanto os aspectos tecnolóxicos como os organizativos. A continuación, detallamos os pasos clave para levar a cabo este proceso de maneira exitosa.
- Análise detallada da situación inicial da empresa. Isto implica avaliar a infraestrutura tecnolóxica existente, identificar áreas de mellora
- Analizar os recursos internos dispoñibles, incluíndo as habilidades do persoal.
- É fundamental establecer obxectivos claros e metas realistas para a transformación dixital, considerando factores como o investimento necesario, a cultura organizativa e a xestión do cambio.
- Crear un mapa de ruta ou estratexia global que abarque tanto os aspectos tecnolóxicos como os cambios culturais necesarios. Esta estratexia debe aliñarse cos obxectivos comerciais e considerar a evolución a longo prazo.
- A medición e avaliación do impacto das novas tecnoloxías son cruciais para garantir o éxito da transformación dixital. As ferramentas de análise permiten monitorizar o retorno do investimento (ROI) e realizar axustes necesarios para maximizar os beneficios
A implementación das tecnoloxías pode realizarse de forma progresiva, permitindo que as empresas adapten os seus procesos sen interromper as operacións diarias.
Casos de éxito
- AIMEN: revolucionou a fabricación ao desenvolver un sistema de control que conectou dixitalmente todo o proceso de produción, logrando pezas sen defectos e aumentando a eficiencia en máis do 40 %.
- Krack: Grazas a adopción de ecommerce, e a estratexia omnicanal mediante tecnoloxías eficientes logrou unha expansión significativa, alcanzando 62 tendas físicas e presenza en mercados internacionais, mentres que o ecommerce representa entre un 13 % e un 15 % do seu negocio. Ademais, mellorou a eficiencia operativa, reduciu custos e optimizou a experiencia do cliente mediante a integración de tecnoloxías dixitais e loxísticas avanzadas
Agora é o momento de actuar. Analiza as necesidades da túa empresa, identifica as tecnoloxías clave e dá o salto cara á transformación dixital. A Industria 4.0 non é só o futuro; é o presente que nos impulsa a un novo nivel de competitividade e progreso. Galicia está preparada para liderar este cambio, e as empresas teñen nas súas mans a oportunidade de formar parte desta revolución. A Oficina Económica de Galicia quere ser o teu aliado neste gran cambio. Achégate aos nosos servizos gratuítos de asesoramento e descubre como podemos axudarte cubrindo o formulario.