A Xunta aborda co embaixador de Vietnam en España as relacións económicas e comerciais con Galicia

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Covadonga Toca, recibiron hoxe o novo embaixador de Vietnam en España, Do Hoang Linh, na súa primeira visita institucional a Galicia e abordaron nun encontro as relacións económicas e comerciais entre Galicia e Vietnam.