MEDIDA APLICADA: PROMOCIÓN EN LIÑA
Carlos Vázquez – Pimentel | CO2 Smart Tech
En que lle axudamos?
Coñecín, con exemplos reais, ferramentas de marketing dixital e deseño, como canvas ou mailchimp, entre outras; e puiden aplicar os meus coñecementos adquiridos de forma práctica. Esta aplicación práctica axudoume a mellorar o tráfico á miña web e automaticei procesos que antes facía manualmente. No meu caso, a actividade está relacionada coa industria 4.0, polo tanto é un nicho de mercado moi concreto e xa notei un cambio en sentido positivo.
Recomendarías o servizo?
Dende logo que si. A aprendizaxe que adquirín, sen ningún custe, é moito mellor que o que poida ofrecer un curso en liña sobre estas materias.