Pode unha peme recibir apoio para protexer a súa innovación?
Si. Existen programas públicos de asesoramento, axudas económicas e servizos especializados que axudan ás empresas
Que pasa se non se regula a propiedade dos desenvolvementos realizados por terceiros?
Un erro habitual é non establecer por contrato quen é o titular da innovación cando participan provedores externos
Rexistrar só a marca é suficiente?
Non sempre. Moitas innovacións inclúen varios elementos protexibles: marca, deseño, software ou procesos técnicos. Limitarse a rexistrar só o nome pode deixar desprotexidos outros activos relevantes. Non o dubides, solicita o asesoramento dos nosos expertos.
Cando é o mellor momento para protexer un proceso ou innovación?
Canto antes, o ideal é facelo antes de lanzar o produto ao mercado, presentalo a clientes ou compartilo con colaboradores externos.
Que erros cometen con máis frecuencia as pemes na protección da innovación?
Principalmente, os erros máis habituais na protección da innovación son: Non rexistrar a marca desde o inicio, compartir información sensible
É recomendable rexistrar a marca aínda que a empresa sexa pequena?
Si. O rexistro da marca é unha das accións máis importantes para unha peme xa que con isto se evita utilicen o nome comercial
Que pasa se subcontrato parte do desenvolvemento dun produto?
É fundamental regular a propiedade intelectual nos contratos. Debe indicarse expresamente que os dereitos sobre o resultado final
Pódese protexer un novo servizo ou modelo de negocio?
A idea en si non se protexe, pero si os elementos que a compoñen como pode ser a marca comercial, contidos e documentación, software…
Os deseños de produtos tamén se poden rexistrar?
Si. Os deseños industriais permiten protexer a aparencia externa dun produto: forma, cores, envases ou presentación visual.
O software desenvolvido pola miña empresa pódese protexer?
Si. O software pode protexerse mediante dereitos de autor e tamén mediante cláusulas contractuais se participan provedores externos