Cinco erros que poden costarche caro se dirixes unha peme

Emprender é unha aventura apaixonante, pero tamén esixente. Máis aló de ter unha boa idea ou un produto atractivo, o que realmente marca a diferenza no percorrido dunha peme é como se toman as decisións internas. De feito, os datos falan por si sós: ao redor do 70% das novas empresas non logran superar os dous primeiros anos de actividade. O principal motivo: erros de xestión que, se non se corrixen a tempo, poden comprometer a súa viabilidade. 

Queremos  axudarche a identificar eses fallos frecuentes que moitas pequenas e medianas empresas cometen sen darse conta e que recoñecelos a tempo supón un gran paso cara á estabilidade e o crecemento sostible.

1. Non contar con apoio ou ferramentas profesionais para levar as finanzas

Cando unha empresa está a empezar, recorrer a follas de cálculo parece o máis práctico, é barato, accesible e permite certo control. Con todo, a medida que o negocio medra esta ferramenta non é suficiente para ter todo en orde.  

Os motivos principais son porque aumentan o risco de erros manuais, dificultan o traballo en equipo e o control dos datos e non permite unha análise financeira actualizada e en profundidade. 

Neste sentido, apostar por ferramentas especializadas ou contar co asesoramento de profesionais en finanzas pode marcar a diferenza. A tecnoloxía actual permite automatizar tarefas, ter un maior control da tesourería e tomar decisións con información clara e en tempo real. 

 2. Non levar conta do control da caixa

Aínda que a túa peme estea a xerar ingresos, non levar un seguimento rigoroso do diñeiro que entra e sae pode crear unha situación complicada. O fluxo de caixa é un dos indicadores máis importantes da saúde financeira dunha empresa. 

Que pode pasar se non o controlas? 

  • Podes pensar que tes máis liquidez da que realmente dispós. 
  • Resulta difícil anticipar pagos ou ingresos importantes. 
  • Podes incorrer en falta de pagamentos ou endebedamentos innecesarios. 

O ideal é facer un seguimento periódico e, se é necesario, contar con apoio externo para establecer unha estratexia eficaz que garanta a liquidez a curto e medio prazo.

3. Non planificar correctamente as obrigacións fiscais

Deixar os impostos para última hora é un erro máis común do que parece. Atrasos, sancións e recargas son só algunhas das consecuencias de non ter unha boa planificación fiscal. 

Entre os fallos habituais destacan, non prever o impacto de tributos como o IVE ou o Imposto de Sociedades, non manter ao día a contabilidade ou non prestar atención aos prazos clave de presentación. 

Por iso, organizar un calendario fiscal e contar con asesoramento especializado pode axudarche a cumprir coas túas obrigacións sen sobresaltos e, ademais, a optimizar a túa carga impositiva. 

4. Diversificar demasiado pronto

A tentación de lanzar novos produtos ou explorar novos mercados pode xurdir cando o negocio empeza a despegar. Pero hai que ter coidado: diversificar sen consolidar previamente a túa actividade principal pode resultar contraproducente. 

Antes de medrar, e primordial contar coa seguridade de ter unha peme sólida, rendible e cunha base estable de clientes satisfeitos. Só entón, diversificar pode ser unha oportunidade de crecemento real e sostible. 

5. Non definir nin estandarizar os procesos internos

Moitas pemes funcionan no seu día a día sobre a base da improvisación. Pero, a longo prazo, esta forma de traballar pode xerar desorganización, perdas de tempo e erros que se poderían evitar. 

Establecer procedementos claros non só mellora a eficiencia, senón que tamén permite escalar o negocio con maior facilidade e profesionalidade. Automatizar tarefas repetitivas, asignar responsabilidades e documentar os procesos son prácticas recomendables en calquera etapa da peme. 

Evitar estes erros non garante o éxito, pero si mellora as probabilidades de alcanzar os teus obxectivos, se tes algunha dúbida ou queres evitar estes erros ponte en contacto cos nosos asesores.