A obrigatoriedade do rexistro da xornada laboral é un tema prioritario para as empresas desde a entrada en vigor da Real Decreto lei 8/2019, do 8 de marzo. Este marco legal busca garantir os dereitos laborais, evitando abusos e fomentando unha xestión transparente do tempo de traballo. Con todo, para moitas empresas, esta normativa supón tamén un reto: como adaptarse de maneira eficiente ás esixencias legais sen que isto afecte ao rendemento diario.
Por que é obrigatorio o rexistro de xornada laboral?
O obxectivo principal do rexistro de xornada é garantir o cumprimento da normativa laboral en materia de horarios. As empresas están obrigadas a rexistrar diariamente as horas traballadas de cada empregado, incluíndo o inicio e o fin da xornada, así como calquera pausa ou interrupción significativa.
Ademais de protexer aos traballadores, este sistema permite unha supervisión máis clara por parte da Inspección de Traballo, asegurando que se respectan as condicións pactadas nos contratos e convenios colectivos.
Dixitalización como solución práctica e eficiente
Implementar un rexistro de xornada dixital non só garante o cumprimento normativo, senón que tamén representa unha oportunidade para que as empresas modernicen os seus procesos. As solucións dixitais permiten:
- Automatización do rexistro: Os sistemas dixitais eliminan o risco de erros humanos no cálculo de horas traballadas.
- Acceso remoto: Especialmente útil para empregados que traballan en remoto ou con modelos híbridos.
- Xeración de informes automáticos: Simplifica a preparación de auditorías e a presentación de datos a organismos de control.
- Reducir as tarefas administrativas do persoal de RRHH que poderán en tempo real coñecer as horas de traballo realizadas, limitando por exemplo a realización de horas extras, mellorando a xestión de turnos e vacacións.
Estes sistemas non só simplifican o cumprimento normativo, senón que tamén melloran a xestión interna, facilitando a análise de datos para optimizar recursos.
Axudas do IGAPE: Apoio á dixitalización
Moitas empresas descoñecen que poden acceder a axudas e subvencións para dixitalizar procesos como o rexistro de xornada laboral. O IGAPE, dentro da súa aposta pola transformación dixital das empresas galegas, puxo ao dispor diversos programas que ofrecen financiamento para a implementación de tecnoloxías avanzadas.
Entre as opcións destacadas están as axudas para a adquisición de software especializado, a formación do persoal en ferramentas dixitais e o desenvolvemento de planos integrais de dixitalización. Estas iniciativas non só reducen o impacto económico inicial, senón que tamén impulsan a competitividade empresarial.
En todo caso, a obrigatoriedade do rexistro de xornada dixital non ten por que ser vista como unha carga administrativa. Coa adopción de ferramentas tecnolóxicas adecuadas e aproveitando as axudas dispoñibles, as empresas poden converter esta obriga nunha oportunidade para modernizarse e mellorar a súa xestión interna.
Este é un momento único para dar un paso de cara á dixitalización, infórmate sobre as axudas dispoñibles e aproveita para facer da xestión do tempo unha vantaxe competitiva para a túa empresa.
Podes aproveitar os servizos de asesoramento da Oficina Económica de Galicia. O único que tes que facer é cubrir o formulario en liña na páxina web.