No contexto actual, a dixitalización é un dos principais obxectivos das empresas, as pemes galegas enfróntanse ao reto de elixir ferramentas que lles permitan ser máis competitivas, eficientes e orientadas ao cliente. Aquí é onde entran en xogo os sistemas CRM e ERP.
ERP (Enterprise Resource Planning): Trátase dos sistemas de xestión integrados que permiten dar soporte á totalidade dos procesos dunha organización: control económico financeiro, loxística, produción, mantemento, recursos humanos, etc. En moitas ocasións a estrutura do ERP é modular, isto quere dicir que podes seleccionar as diferentes aplicacións que necesitas para os teus procesos.
CRM (Customer Relationship Management): Sistemas para xestionar as relacións cos clientes e o soporte a todos os contactos comerciais, tanto no ámbito de prevenda, como no de postvenda.
Algúns exemplos de ferramentas que integran ámbalas dúas opcións son:
Modelo | Puntos Fortes | Puntos Débiles | Rango de prezo |
Microsoft Dynamics 365 Business Central
|
Integración de aplicacións externas e escalable e adaptable. Ademais, ten integración con Microsoft | Alto custo na personalización e pouco intuitivo | Moderado |
Sage 200
|
Alta funcionalidade, ampla gama de módulos e é accesible desde a nube, para o teletraballo | Pode ser complexo de implementar e manter porque depende de provedores externos | Caro |
SAP Business One
|
Robustas funcionalidades, cubre moitas necesidades e un sistema integrado en todas as áreas da empresa | Pode ser máis caro e complexo e necesita unha capacitación para ou seu uso e non ten módulo de nóminas | Caro |
Odoo
|
Alta personalización, uso de módulos e aplicación, código aberto | Personalización complexa, limitacións nas versións básicas | Económico |
Holded | Facilidade de uso, deseño intuitivo | Baixa estabilidade e personalización, para as opcións avanzadas requírese capacitación
|
Económico |
Antes de escoller unha plataforma ERP ou CRM é necesario coñecer as necesidades da empresa, para saber cales o cubre dentro do presuposto pactado. É moi importante que todas as áreas estean informadas e poidan opinar do seu uso no traballo.
O uso dun ERP ou CRM é un paso cara a a dixitalización das empresas galegas, pode axudarche a xestionar todas a áreas e a integración de datos en tempo real, para mellorar a eficiencia e a produtividade.
Se necesitas axuda para coñecer os diferentes sistemas de xestión, non dubides en solicitar o servizo de asesoramento gratuíto da Oficina Económica de Galicia para que che axuden a dar este paso cara a dixitalización.