Da visión ao resultado: a importancia dos obxectivos estratéxicos

Os obxectivos das empresas marcan a ruta de seguimento das diferentes areas para lograr o crecemento dentro dun período de tempo determinado. Para que sexan efectivos, deben cumprir co modelo SMART. Isto implica que deben estar claramente definidos e responder a que, por que, como e quen, ademais, ten que ter unhas métricas que permitan avaliar o progreso, ser realistas de acordo con os recursos dispoñibles do proxecto e establecer un prazo que determine o seu cumprimento. 

Os obxectivos estratéxicos son as metas a longo prazo que unha peme establece para alcanzar resultados alienándose coa misión e visión. Logran ser unha guía para a toma de decisións, a planificación e as accións futuras, asegurando que todas as áreas da empresa traballen cun mesmo propósito. 

Como crear obxectivos estratéxicos paso a paso 

Avaliar a situación actual 

Antes de pensar en obxectivos, hai que entender de onde parte a empresa. Aquí faremos unha análise DAFO, permítenos avaliar a posición competitiva, examinar factores internos e externos. Podemos identificar as fortalezas e debilidades internas, así como as oportunidades e ameazas externas, ofrecendo unha visión clara e realista da situación da empresa.  

Definir a identidade e dirección da empresa  

Unha vez analizada a situación actual coa axuda da análise DAFO, é fundamental coñecer a misión, visión e valores da empresa.  

  • Misión: define principalmente cal é o labor da empresa no mercado. Ademais, pode incluír o factor diferencial mediante a cal desenvolve a actividade. 
  • Visión: define as metas que pretendemos conseguir no futuro. Estas metas teñen que ser realistas e alcanzables, posto que a proposta de visión ten un carácter inspirador e motivador. 
  • Valores: son principios éticos sobre os que se asenta a cultura da nosa empresa e permítennos crear as pautas de comportamento. Os valores son a personalidade da empresa

Establecer os obxectivos estratéxicos

Unha vez que coñecemos a situación actual da empresa e temos clara a súa misión, visión e valores, podemos definir os obxectivos estratéxicos. Estes obxectivos deben traducirse en metas a longo prazo cun propósito concreto que guíen as accións de toda a organización. 

Formular obxectivos estratéxicos SMART 

Unha vez establecidos os obxectivos, debemos de concretalos usando o criterio SMART, que permite que cada obxectivo sexa alcanzable debemos de seguir a formula de: 

  • Específico: Ten que estar ven definido con claridade o que queres lograr 
  • Medible: Debe de exitir unha forma de medir o progreso ou éxito  cun indicador. 
  • Alcanzable: o obxectivo ten que ser realista, considerando os recursos dispoñibles, o equipo e as capacidades da empresa.  
  • Relevante: o obxectivo debe estar aliñado coa misión, visión e valores. 
  • Temporal: debe establecerse un prazo ou data límite para o seu cumprimento. 

Por exemplo:

Chegar aos 5 millóns de seguidores en redes sociais en 5 anos 

  • Específico: Gañar seguidores nas redes sociais 
  • Medible: 5 Millóns de seguidores 
  • Temporal: 5 anos 

Os obxectivos estratéxicos permiten converter a visión e misión da empresa en resultados concretos. Ao definilos de forma clara, medible, realista e con prazos, todas as áreas traballan conxuntamente cara a un mesmo propósito, facilitando a planificación, o seguimento e o crecemento sostible da empresa. 

Aproveita os servizos da Oficina Económica de Galicia e busca asesoramento para o crecemento do teu negocio, a través do formulario en liña da nosa páxina web.