Desenvolver o talento dixital una nova unha oportunidade para transformar as pemes galegas

O día a día de administracións, autónomos e pemes non é alleo á transformación dixital e estanse implementando cambios que suponen novas formas de xestión empresarial, unha das que máis se fala é a factura electrónica.

Con este novo modo que entra en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2026, a emisión das facturas cambiará, non só para emitir facturas senón para garantir que cumpren os requisitos legais, tecnolóxicos e de custodia que impón a normativa. Neste escenario, sistemas como a facturación electrónica e, especialmente, o sistema Verifactu cobran especial relevancia para pymes e autónomos.

A dixitalización xa non é un reto só tecnolóxico, é un reto de persoas. E o talento dixital, a capacidade dos equipos para adaptarse, aprender e sacar partido das novas ferramentas, convértese nunha das chaves para garantir a competitividade das pequenas e medianas empresas galegas.

A implantación da factura electrónica obrigatoria e dos novos sistemas de facturación segura obriga ás pemes a revisar os seus procesos internos, pero tamén ofrece unha oportunidade valiosa como é a de modernizar as competencias do seu persoal.

Cada cambio normativo é tamén unha ocasión para formar, innovar e avanzar. O feito de adoptar novas ferramentas dixitais pode ser o detonante para que as empresas impulsen programas de capacitación interna, melloren a coordinación entre departamentos e fomenten unha cultura de mellora continua.

O talento dixital permite un novo modelo de traballo: equipos conectados e máis preparados

Desenvolver o talento dixital non significa encher a oficina de tecnoloxía, senón formar ás persoas para usala con confianza e criterio. Isto implica fomentar habilidades como o manexo seguro de datos e plataformas electrónicas, a capacidade de adaptarse fronte aos cambios tecnolóxicos ou a colaboración dixital, que permite traballar con máis eficiencia e menos papel.

A factura electrónica, por exemplo, non é só un trámite obrigatorio, é unha ferramenta que reduce tempo, elimina erros e fomenta a transparencia, liberando ás persoas de tarefas repetitivas e permitindo que se centren en accións de maior valor engadido.

O salto cara á facturación dixital tamén redefine a organización interna das pemes. Os departamentos administrativos deixan de traballar illados e comezan a colaborar con áreas de tecnoloxía, dirección e finanzas, compartindo datos en tempo real e mellorando a toma de decisións.

Este novo modelo require liderados máis horizontais, comunicación clara e unha aposta decidida pola formación. As empresas que acompañan a transformación tecnolóxica cunha transformación humana conseguen equipos máis implicados, eficientes e motivados.

¿Como podo impulsar o talento dixital na miña empresa?

Para avanzar nesta cuestión e que a dixitalización chega a todas as persoas do equipo os primeiros pasos son:

  • Detectar as competencias dixitais actuais do equipo e definir necesidades de mellora.
  • Ofrecer formación práctica e continua, adaptada á realidade da empresa, non cursos teóricos, senón adestramento en ferramentas reais.
  • Crear espazos para compartir coñecemento interno, onde quen domina unha ferramenta poida axudar ao resto.
  • Recoñecer e valorar a aprendizaxe, integrando os avances dixitais nos obxectivos e recoñecementos da empresa.

A dixitalización das pemes non depende só do software, senón das persoas que o fan funcionar.

A implantación da factura electrónica é un exemplo claro, un cambio técnico que impulsa un cambio humano.

As empresas que invisten en talento dixital non só se adaptan mellor ás novas normativas, senón que se converten en organizacións máis áxiles, innovadoras e preparadas para o futuro.

Se precisas máis información ou asesoramento ponte en contacto coa Oficina Económica de Galicia.