A internacionalización da empresa consiste en expandir as operacións da empresa a mercados estranxeiros, ofrecendo produtos ou servizos noutros países. Este proceso implica adaptar a estrutura organizativa para posicionarnos estratexicamente fóra das nosas fronteiras.
No contexto actual, cun mercado global cada vez máis conectado e competitivo, este paso non só nos ofrece oportunidades de crecemento, senón que tamén pode ser esencial para a supervivencia da túa empresa.
A continuación, explicamos as diferentes etapas para dar o salto o exterior:
-
Análise interna
Antes de dar o primeiro paso, debes realizar un análise interno da túa empresa en profundidade. É fundamental avaliar se a túa empresa está preparada para asumir o reto.
Para esta primeira etapa poderíase empregar a Análise DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades), xa que nos permite identificar posibles melloras e abordar puntos débiles antes de comezar a expansión.
-
Estudo de mercado externo
Un paso crucial é estudar os mercados exteriores. Non todos os mercados son iguais. É importante analizar as tendencias, as preferencias dos consumidores, as normativas locais e a competencia existente.
-
Innovación e adaptación
Comprometernos coa innovación é esencial para competir a nivel internacional. Debemos adaptar os nosos produtos ás normativas locais e a cultura do país onde imos empezar a vender. Isto pode implicar cambios no deseño, na embalaxe ou mesmo no proceso de produción.
A innovación dixital, como o uso de plataformas de vendas en liña ou o márketing dixital, pode ser clave para mellorar a eficiencia e reducir custos operativos.
-
Selección do mercado e estratexia de entrada
Tras o estudo de mercados, debemos decidir onde centrar os nosos esforzos.
Podemos optar por diferentes estratexias de entrada
- Exportación directa: O envío do produto realizarémolo nós directamente.
- Exportación indirecta: Empregamos intermediarios localizados no país de destino, é dicir, o envío de mercadoría realízase a través de axentes comerciais.
- Exportación concertada: Buscase a colaboración entre a túa empresa e outra compañía do mesmo sector no país de destino.
- Trámites burocráticos e aspectos legais
A internacionalización require cumprir trámites burocráticos, como documentos de aduanas, licenzas de exportación e normativas locais. Tamén debemos considerar os custos adicionais, como transporte e seguros.
Recursos como o IGAPE poden orientarnos nos trámites e axudas dispoñibles para minimizar estes custos.
-
Loxística e transporte internacional
A xestión eficiente da loxística é crucial para reducir custos e mellorar a nosa competitividade. Debemos coñecer os Incoterms para establecer responsabilidades e custos na transacción, así como asegurarnos de cumprir as normativas de embalaxe e etiquetaxe do país de destino.
A internacionalización é un proceso complexo que require planificación, recursos e unha gran capacidade de adaptación, pero os beneficios que ofrece son incuestionables. Expandirnos a novos mercados pode ser o paso clave para mellorar a competitividade, diversificar riscos e consolidar a nosa marca a nivel global. Non obstante, é fundamental ser conscientes dos retos e das inversións que implica este proceso.
Aproveitar os servizos dispoñibles cubrindo o formulario da Oficina Económica de Galicia pode marcar a diferenza.