A futura factura electrónica é obrigatoria?

3d-rendering-illustration-tile-blocks-with-faqs-word 3

Aínda non, a factura electrónica será obrigatoria para todas as relacións entre empresas e autónomos (B2B), segundo a Lei 18/2022, de creación e crecemento de empresas (Lei Crea e Crece).

Prazos:

  • Actualmente, o Regulamento que desenvolverá a Lei Crea e Crece e establecerá os detalles técnicos e os prazos de implementación para a facturación electrónica B2B atópase en fase de tramitación e non foi aprobado de forma definitiva.

A obrigatoriedade da facturación electrónica B2B virá marcada entón pola publicación dunha Orde Ministerial.

  • Prazos de adaptación (estes si os coñecemos) a partir da publicación da OM:
    • Empresas con facturación anual superior a 8 millóns de euros: Contarán con 12 meses.
    • Resto de empresas e autónomos (facturación igual ou inferior a 8 millóns de euros): Terán un prazo de 24 meses.

A factura electrónica non substitúe obrigatoriamente ao VERI*FACTU, pero son complementarias: VERI*FACTU regula o sistema informático; a factura electrónica, o formato e transmisión das facturas.

Se precisas asesoramento gratuíto, podes solicitalo a través desta ligazón.