Hai axudas para proxectos de innovación?
Si, existen subvencións e préstamos específicos para I+D+i, tanto a nivel autonómico, como estatal e europeo
Onde podo ver todas as subvencións dispoñibles para empresas?
Neste enlace da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, tes un listado de todos os procedementos e servizos que teñen que ver con axudas
Que diferenza hai entre unha subvención e un préstamo bonificado?
A subvención non se devolve, mentres que o préstamo ten condicións vantaxosas de xuros e prazos, pero hai que devolvelo
Que é un préstamo participativo?
É un instrumento híbrido entre capital e débeda, sen garantías e con remuneración vinculada aos beneficio.
Que axudas existen para mellorar a competitividade dunha empresa?
Existen programas públicos que cobren desde a dixitalización ata a internacionalización. A Oficina Económica axúdache
Existe algunha normativa que impulse a economía circular?
tanto a nivel europeo como estatal e autonómico, hai normativas e estratexias que promoven esta transición e ofrecen incentivos para empresas
É factible aplicar a economía circular tamén nas PEMEs?
A implementación da economía circular non é exclusiva das grandes corporacións. As PEMEs tamén poden aplicala con éxito
Que sectores teñen máis potencial para aplicar a economía circular?
A economía circular pode aplicarse en practicamente todos os sectores, Téxtil, mediante moda sostible e reciclaxe de tecidos.
Que pasos poden seguir as PEMEs para implementar con éxito a economía circular nos seus modelos de negocio?
As PEMEs poden avanzar cara a un modelo circular adoptando medidas prácticas como Redeseñar produtos e servizos
Que é a economía circular?
En vez de producir, usar e tirar, a economía circular aposta por reutilizar, reparar, reciclar e dar novos usos aos materiais