
Os contrasinais poden, sexa por ataques os servizos que utilizamos ou filtracións da nosa organización (dende phising a un visitante que ve as claves nun post-it colgado pola oficina), quedar comprometidos. Non sempre imos ser conscientes do acontecido e os accesos indebidos poden pasar desapercibidos, polo que renovar os contrasinais cunha certa frecuencia (dependendo da criticidade pode ser cada ano, 9 meses, 3 meses…) é unha práctica cotiá para ter as nosas contas seguras. Para evitar que se reutilicen contrasinais ou se poñan contrasinais repetitivos e débiles, se obrigamos á renovación de contrasinais debemos impor outras medidas complementarias que xa son a norma en moitos sistemas, coma utilizar un xerador automático, non aceptar contrasinais pasados ou similares os pasados e incluso o recoñecemento de patrons coma nomes ou datas nos contrasinais.
Non o dubides solicita o asesoramento dos nosos expertos.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. Aceptar estas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou os ID únicos neste sitio. Non aceptar ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a certas funcións e características.