Cales son os requisitos dunha invención para que sexa patentable?

3d-rendering-illustration-tile-blocks-with-faqs-word 3

Para que unha invención poida ser protexida mediante patente ou modelo de utilidade, debe cumprir tres requisitos básicos:

  • Novidade : A invención non debe estar comprendida no estado da técnica previo. Isto significa que non debe ser coñecida publicamente antes da data de presentación da solicitude de patente.
  • Actividade inventiva : A invención non pode resultar obvia para un experto na materia. Debe supoñer un avance significativo respecto ao que xa existe.
  • Aplicación industrial : A invención debe poder fabricarse ou utilizarse na industria, é dicir, debe ter unha utilidade práctica.

A Oficina Económica de Galicia axúdache a entender estes requisitos e a preparar a túa solicitude de patente, asegurándote de que cumpre todos os criterios necesarios para a súa protección legal.

Non o dubides solicita o asesoramento dos nosos expertos