A Lei Crea e Crece está pensada para obrigar ás facturas electrónicas e entrará aproximadamente en 2027, pero VERI*FACTU entra en 2026. Polo tanto, a partir de 2026 aínda non se tería que facer facturas electrónicas nin levar un rexistro nun programa específico?

3d-rendering-illustration-tile-blocks-with-faqs-word 3

Hai dúas obrigas distintas que se deben cumprir en momentos diferentes: 

A. VERI*FACTU (2026): 

  • Afecta ao software que uses para emitir facturas. 
  • Será obrigatorio que ese sistema: 
  • Xere rexistros electrónicos. 
    • Teña firma dixital. 
    • Impida alteracións. 
    • Leve trazabilidade. 
  • Si terás que empregar un programa adaptado (non vale Excel ou Word). Pero poderás seguir entregando a factura en papel ou PDF ao cliente. 

B. Factura electrónica obrigatoria (Lei Crea e Crece): 

  • Afecta ao formato da factura e á súa transmisión entre empresas/profesionais (B2B). 
  • Aínda non está regulada tecnicamente, pero: 
    • Comezará a aplicarse posiblemente (para a maioría de empresas) sexa en 2027. 

Resumo: 

  • En 2026 terás que ter un programa adaptado (VERI*FACTU), aínda que entregues facturas en PDF. 
  • A obrigatoriedade da factura electrónica chegará máis tarde. 

Se precisas asesoramento gratuíto, podes solicitalo a través desta ligazón.