Para facturar á administración autonómica e local, séguese facendo con factura electrónica ou cámbiase a VERI*FACTU obrigatorio sendo autónomos?

3d-rendering-illustration-tile-blocks-with-faqs-word 3

Séguese utilizando a factura electrónica tradicional a través de FACE ou outras plataformas habilitadas, cando o destinatario sexa a administración pública.

VERI*FACTU e a factura electrónica B2G (empresa → administración) non son excluíntes nin substitutivos entre si. A situación é:

  • A normativa da Lei Crea e Crece regula a factura electrónica entre empresas (B2B), e non afecta directamente ao B2G.
  • A obrigatoriedade de VERI*FACTU aplícase a como se xeran e rexistran as facturas, non a como se presentan ante a administración.

Polo tanto:

  • As empresas e autónomos deberá usar un software adaptado a VERI*FACTU a partir de 2026,
  • Pero seguirá enviando a factura á administración por vía electrónica (Facturae, plataforma FACE) como até agora.

Se precisas asesoramento gratuíto, podes solicitalo a través desta ligazón.