Que diferenza hai entre VERI*FACTU e factura electrónica?

3d-rendering-illustration-tile-blocks-with-faqs-word 3

A diferenza clave está en que: 

  • Factura electrónica = Formato e medio de envío da factura. É un documento con valor legal, emitido e recibido en formato electrónico (p. ex. Facturae, XML, PDF con firma, etc.), segundo regula a Lei Crea e Crece. 
  • VERI*FACTU = Sistema de rexistro e control das facturas. Non afecta ao formato da factura, senón á maneira en que os sistemas informáticos deben crear, asinar, rexistrar e conservar as facturas e, se se desexa, comunicalas en tempo real á AEAT. 

Resumo: 

  • Pódese emitir unha factura electrónica sen cumprir VERI*FACTU. 
  • E tamén pódese emitir unha factura en papel ou PDF con sistema VERI*FACTU (sempre que o rexistro e trazabilidade sexan os esixidos pola normativa). 

Se precisas asesoramento gratuíto, podes solicitalo a través desta ligazón.