Que pasa se non adapto o sistema ou uso un software non permitido?

3d-rendering-illustration-tile-blocks-with-faqs-word 3

O uso de sistemas que non cumpran os requisitos técnicos ou que permitan manipular facturas está prohibido e sancionado. 

Segundo o art. 29.2.j) da Lei Xeral Tributaria (modificado pola Lei 11/2021): 

  • A infracción pode ser grave. 
  • A sanción pode chegar ata 50.000 € por cada exercicio económico no que se usou o sistema irregular. 
  • Ademais, poderá sancionarse o fabricante ou distribuidor do software. 

Se precisas asesoramento gratuíto, podes solicitalo a través desta ligazón.