VERI*FACTU, aplicaría tanto a facturas emitidas coma a facturas recibidas?

3d-rendering-illustration-tile-blocks-with-faqs-word 3

Non exactamente.

  • VERI*FACTU aplícase exclusivamente ás facturas emitidas, é dicir, aquelas que emite o empresario ou profesional e que deben quedar rexistradas con todos os requisitos do regulamento.
  • No caso das facturas recibidas, o RD 1007/2023 non impón obrigas de rexistro ou comunicación mediante VERI*FACTU, aínda que pode haber obrigas de contabilidade ou de conservación pola normativa fiscal habitual.

O que si se esixe é que as facturas emitidas se rexistren no sistema de forma inalterable, con firma e trazabilidade. Iso non se aplica ás recibidas.

Se precisas asesoramento gratuíto, podes solicitalo a través desta ligazón.