Fases dun proceso de rebranding eficaz

Unha vez identificada a necesidade de renovar a identidade de marca, resulta fundamental seguir un proceso estruturado que garanta o éxito de transformación. O rebranding non é unha simple operación de cambio de imaxe, senón un proceso estratéxico que require de planificación, análise e execución coidadosa. A continuación, detallamos as cinco fases esenciais para levar a cabo un rebranding efectivo.

Análise e diagnose

Antes de emprender calquera cambio, resulta imprescindibles realizar unha auditoría exhaustiva da marca actual. Esta diagnose debe incluír a análise da percepción interna e externa, o estudo da competencia, a identificación das fortalezas e debilidades, e a avaliación do posicionamento no mercado. As ferramentas como enquisas, grupos focais e análise de redes sociais proporcionan información valiosa para fundamentar as decisións.

Definición de estratexia

A partir da diagnose, debe establecerse unha estratexia clara que defina os obxectivos do rebrandign, o público obxectivo, o posicionamento desexado e os valores que a nova identidade debe transmitir. Esta fase estratéxica debe contar coa participación dos principais stakeholders e estar aliñada coa visión a longo prazo da organización.

Desenvolvemento da nova identidade

O traballo de deseño e conceptualización materializa a estratexia definida. Isto inclúe a creación do novo logotipo, a selección da paleta cromática, a definición da tipografía corporativa, o ton de comunicación e todos os elementos que compoñen a identidade visual e verbal. A coherencia entre todos os elementos resulta crucial para transmitir unha mensaxe unificada.

Implantación

A fase de lanzamento require unha planificación meticulosa para coordinar a actualización de todos os puntos de contacto coa marca: sitio web, perfís de redes sociais, material publicitario, sinalética, packaging, uniformes e calquera outro soporte onde apareza a identidade corporativa. A comunicación interna previa resulta esencial para que os empregados se convertan en embaixadores do cambio.

Seguimento e avaliación

Tras o lanzamento, debe establecerse un sistema de monitorización que permita avaliar o impacto do rebranding nos indicadores clave: notoriedade de marca, percepción, preferencia, vendas e satisfacción do cliente. Esta información permite realizar axustes e mellorar continuamente a estratexia de marca.

Cando se realiza de forma planificada e profesional seguindo estas cinco fases, o rebranding pode revitalizar unha organización e abrir novas oportunidades de crecemento. Non obstante, require unha análise rigorosa, unha estratexia ben definida e unha execución coidadosa para alcanzar os obxectivos desexados sen perder o valor acumulado pola marca ao longo do tempo.

Dispoñer de apoio personalizado, como o que ofrece a Oficina Económica de Galicia, pode ser clave para unha implementación exitosa. Solicita asesoramento especializado gratuíto e aproveita os recursos dispoñibles para impulsar o teu negocio.