Este catálogo recolle os trámites necesarios para a constitución e posta en marcha das iniciativas empresariais relativas ás actividades de empresas conservadoras de ascensores.
Considérase empresa conservadora de ascensores a persoa física ou xurídica que desenvolva as actividades de mantemento, reparación e modificacións importantes dos ascensores obxecto do Regulamento de aparellos de elevación e manutención, aprobado polo Real decreto 2291/1985, do 8 de novembro e a Instrución Técnica Complementaria AEM 1 “Ascensores”.
Neste catálogo enténdese como ascensor todo aparello de elevación instalado permanentemente en edificios ou construcións que sirva niveis definidos, cun habitáculo que se desprace ao longo de guías ríxidas e cuxa inclinación sobre a horizontal sexa superior a 15 graos, destinado ao transporte de:
Están incluídos tamén os aparellos de elevación que se despracen seguindo un percorrido fixo, aínda que non estea determinado por guías ríxidas.
Trámites
Referencias Normativas