icon_eolica

Parques eólicos

wind-farms-fields

Este catálogo recolle o conxunto de trámites e procedementos para implantar unha instalación de produción de electricidade obtida da enerxía eólica cuxa autorización sexa competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Quedarían excluídas da tramitación recollida neste catálogo:

  1. As instalacións cuxa autorización sexa competencia da Administración do Estado.
  2. As instalacións eólicas de potencia menor ou igual a 100 kW.
  3. Os parques eólicos experimentais que leven asociado un alto compoñente de investigación en I+D+i, definidos no artigo 3 do Decreto 30/2011, do 17 de febreiro, polo que se establece o procedemento para a autorización de parques eólicos experimentais con alto compoñente de I+D+i na Comunidade Autónoma de Galicia, ou norma que o substitúa.
  4. As instalacións de xeración eólica para o autoconsumo asociadas a unha instalación de potencia eléctrica contratada superior á potencia eólica que se pretenda instalar.

Trámites

É necesario que, con carácter previo, a persoa interesada na promoción deste tipo de actividades económicas coñeza da existencia das disposicións que resulten aplicables establecidas en materia de ordenación do territorio. Ademais, para presentar a solicitude de inicio dun procedemento de autorización administrativa previa e de construción dun parque eólico, deberá contarse co permiso de acceso á rede de transporte e distribución. Para poder desenvolver esta actividade, deberase solicitar autorización ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, presentando a documentación requirida.

Referencias Normativas

Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.
Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (art. 34).