É obxecto deste catálogo a actividade de empresas de restauración na modalidade de restaurante ou cafetaría.
Os restaurantes ou cafetarías son establecementos de restauración dedicados, de forma habitual e profesional, a subministrar, en establecementos abertos ao público en xeral, comidas e bebidas, mediante prezo, para seren consumidas no propio local ou anexos dependentes deste. Clasifícanse en distintos grupos, pertencendo as cafetarías ao grupo II.
Quedan excluídos deste catálogo:
Quedan excluídos do obxecto deste catálogo:
- Os comedores universitarios, escolares, laborais, sociedades gastronómicas, clubs e calquera outro que preste os seus servizos unicamente a continxentes particulares e non estean abertos ao público en xeral.
- Os establecementos que, calquera que sexa a súa titularidade, presten servizos de comida e bebida con carácter gratuíto ou sen ánimo de lucro.
- Os servizos de restauración en establecementos turísticos de aloxamento, sempre que a súa explotación non sexa independente do aloxamento.
- As empresas que sirvan comidas e bebidas, a través de máquinas expendedoras e os servizos de cátering.
- Os establecementos denominados bares, café-bares, pubs, salas de festas, discotecas e similares.
- Aquelas empresas que presten servizo de comida e bebida con carácter gratuíto ou sen ánimo de lucro.
- As empresas que presten este servizo en medios de transporte públicos.
- As empresas que sirvan comidas e bebidas de xeito ambulante.