O márketing de influencers é unha das estratexia de redes sociais mais efectiva para as PEMES que queren consolidar o negocio e chegar a un público máis amplo. Tratase da colaboración cos creadores de contido e permítenos promocionar a marca e gañar visibilidade.
Algúns dos beneficios de traballar con influencers
- Xerar confianza: Os influencers xa teñen unha comunidade que confía nas súas recomendacións. Cando falan dun produto ou servizo, a súa audiencia percíbeo como algo máis próximo e fiable que un anuncio tradicional.
- Mellorar o recoñecemento da marca: Unha permite chegar a máis persoa se facer que a túa empresa sexa máis coñecida.
- Chegar ao público obxectivo: Os creadores de contido poden axudarte a promocionar o produto entre un público de nicho que teña interese en adquirilo
Limitacións do márketing de influencers:
- Risco de reputación: se o influencer se ve envolto nun escándalo ou fai unha publicación desafortunada, a marca pode quedar danada.
- Problemas de autenticidade: cando a colaboración non encaixa cos valores ou co estilo habitual do creador, o público percíbeo como artificial e pérdese confianza.
- Dificultade para medir resultados: non sempre é doado calcular o impacto real dunha campaña, xa que as vendas non se poden atribuír con precisión aínda que se empreguen códigos ou ligazóns.
- Control limitado da mensaxe: os influencers comunícanse co seu propio ton e estilo, e se a marca tenta controlalo en exceso, pérdese a naturalidade que fai atractivo este tipo de márketing.
Existen diferentes fórmulas de colaboración que se adaptan ás necesidades e ao orzamento de cada empresa. Algúns tipos de forma de colaboración son:
- Publicidade: Trátase dun contrato entre a marca e o influencer. Debe incluír un briefing coas condicións da colaboración: datas, entregables, compensación económica, etc. É obrigatorio que se identifique o contido como publicitario.
- Embaixador/a de marca: Neste caso, o influencer convértese na cara da marca durante un período máis longo. A relación é máis estable e busca integrar os produtos ou servizos de forma natural no seu día a día, actuando como defensor/a da marca.
- Agasallo: Consiste en enviar o produto ou servizo de balde a un influencer, sen acordar previamente que o publique. A diferenza doutros casos, aquí non hai obrigación contractual. A idea é que, se lle gusta, o comparta de forma espontánea coa súa audiencia.
- Contido orgánico: Prodúcese cando o influencer menciona ou recomenda un produto sen recibir nada a cambio. Nin cartos, nin agasallos. Faino simplemente porque lle gusta e quere compartilo co seu público de maneira auténtica.
O márketing de influencers ofrece unha oportunidade para conectar co público obxectivo de unha maneira dinámica, aumentar a visibilidade e xerar confianza. Non obstante, tamén implica riscos e limitacións que deben ser xestionados con coidado. A clave está en escoller ben aos creadores, establecer relacións transparentes e optar polo tipo de colaboración que mellor se adapte aos obxectivos da marca. Así, esta estratexia pode converterse nun aliado fundamental para o crecemento das PEMES e a consolidación da súa presenza no mercado.
Se tes dúbidas sobre a contratación dos creadores do contido, non o dubides e solicita o asesoramento gratuíto da Oficina Económica de Galicia.