Participación en feiras internacionais: como maximizar o retorno do investimento para pemes galegas

As feiras internacionais son unha oportunidade estratéxica xa que logran dar un salto ao exterior. Supoñen unha vía para abrir novos mercados, atopar distribuidores, presentar produtos ou coñecer as tendencias. Implican un esforzo económico e de tempo, polo que debemos implicarnos na preparación con anterioridade. 

1. Establecer os obxectivos: 

Temos que saber por que escollemos ir a unha feira en específico. Algúns exemplos poden ser:

  • Atraer clientes doutros países 
  • Crear alianzas comerciais 
  • Coñecer a competencia  

Isto permítenos enfocar os recursos de maneira eficiente, gañando un retorno maior. 

2. Preparación  

A preparación debería comezar con varios meses de antelación. Isto non só implica reservar o aloxamento e o transporte, senón que tamén se debe investigar os clientes ou empresas que queres coñecer, comunicar a túa futura presenza, pódelo facer pola web ou as redes sociais. Así os clientes poden localizarnos e axendar unha reunión. 

Como vamos a unha feira internacional, debemos ter todos os carteis ou información exposta en inglés. 

3. Durante a Feira 

Unha vez dentro de feira débese de aproveitar o tempo. Deberiamos ter unha axenda xa pechada con reunións cos clientes ou visitas a provedores. Tamén podemos aproveitar para visitar os diferentes stands e recoller información e contactos, ou gravar vídeos para a publicación nas redes sociais. É moi importante que o noso espazo nunca este só, mentres que nos movemos libremente visitando ao resto de participantes da feira, debemos estar no stand por se ven unha persoa para recibir información sobre a nosa empresa. 

4. Post — Feira 

Unha vez rematada a feira, temos que facer un seguimento dos novos contactos que conseguimos. Podemos enviarlle un correo de agradecemento e reenviarlle os nosos datos de contacto para cando o necesite. Se algún cliente ou provedor é importe, podemos programar unha chamada ou videochamada, para manter o contacto. 

Por último, tamén hai que medir os resultados. O retorno pode ser a medio ou largo prazo. Pero para o curto prazo podemos medir:

  • Os novos contactos xerados 
  • As visitas a web 
  • Vendas pechadas no seguinte mes a feira 

En conclusión, as feiras internacionais poden ser un amplificador da túa empresa. Non tes que dispoñer dun orzamento grande, pero se consegues ter unha boa planificación anterior, podes aproveitar ao máximo os beneficios que se conseguen a través dunha feira internacional.   

Se necesitas axuda para mellorar a planificación nas feiras comerciais, non o dubides! Solicita os servizos gratuítos de asesoramento da Oficina Económica de Galicia e unha persoa experta porase en contacto contigo para axudarche.