proxectos industriais

A lexislación autonómica regula dúas figuras orientadas ao impulso dos proxectos industriais en Galicia co obxectivo de contribuír a que poidan executarse no menor tempo posible, mediante o acompañamento e asesoramento ás persoas promotoras dos investimentos durante as tramitacións administrativas que sexan necesarias, así como a simplificación e axilización das devanditas tramitacións.

 Ata o momento, o Consello da Xunta ten declaradas as seguintes iniciativas empresariais prioritarias:

  • Construción dunha nova planta produtiva en PLISAN, promovida por Hijos de Carlos Albo, S.L.U.
  • Construción dun campus tecnolóxico, promovido por Aluminios Cortizo, S.A.U.
  • Instalación de torre de secado e liña de butter-oil, promovida por Oviganic Ibérica, S.L.
  • Ampliación da industria conserveira en Ribeira, promovida por Ignacio González Montes, S.A.
  • Construción dunha nova planta de compostaxe en Vilanova de Arousa, promovida por Sogama, S.A.
  • Desenvolvemento dunha planta de produción de biometano para inxección en rede, en esquema de economía circular a través da xestión e valoración de residuos orgánicos en Lamabranca-Lugo,  promovida por Bioenergía Lugo, S.L.
  • Desenvolvemento dunha planta de produción de biometano en Sarreaus-Ourense, promovida por Bioenergía Ourense, S.L.
  • Ampliación e melloras tecnolóxicas en industria cárnica, promovida por Novafrigsa, S.A.
  • Desenvolvemento dunha planta de produción de biogás para a obtención de biometano líquido, promovida por Agroamb Prodalt, S.L.
  • Desenvolvemento dunha planta ecosaludable con accesibilidade universal para a elaboración de produtos panificados de nova xeración, promovida por Hornos de Lamastelle, S.A.
  • Desenvolvemento dunha planta de procesamento de hidróxeno verde e o seu transportador amoníaco verde, con terminal para o seu almacenamento e expedición, denominado Proxecto Ahmon, promovido por Armonía Green Galicia, S.L.
  • Desenvolvemento dunha planta de elaboración de café de nova xeración, promovido por Cafés Candelas, S.L.
  • Desenvolvemento dunha planta de produción de metanol verde a partires de captura de CO2, denominado Proxecto Triskelion, promovido por Forestal del Atlántico, S.A. (Declarado como proxecto industrial estratéxico)
  • Desenvolvemento dunha planta de produción de biometano para inxección á rede, en esquema de economía circular a través da xestión e valorización de residuos orgánicos en A Laracha-A Coruña, promovido por Bioenergía A Coruña, S.L.
  • Desenvolvemento dunha planta de valoración de material de rechazo en As Somozas–A Coruña, promovido por Valogreene Recinor, S.L.
  • Desenvolvemento dunha planta de produción de hidróxeno renovable con captura de CO2 e síntese de metanol verde en Caldas de Reis-Pontevedra, denominado Proxecto Green Umia, promovido por Iberdrola Clientes, S.A.
  • Desenvolvemento dunha planta de produción de hidróxeno renovable con captura de CO2 e síntese de metanol verde en Begonte-Lugo, denominado Proxecto Green Meiga, promovido por Iberdrola Clientes, S.A.
  • Desenvolvemento dunha planta de produción de hidróxeno verde en Meirama, promovido por Naturgy Nuevas Energías, S.L.U. (Declarado como proxecto industrial estratéxico)
  • Desenvolvemento dunha planta de fabricación de inxectables en Monforte de Lemos, promovido por Kern Pharma, S.L.
  • Instalación dunha fábrica multimolde en Vilalba (Lugo), promovido por Queserías Entrepinares, S.A.U.
  • Construción de dúas naves de galiñas en chan, instalación dunha planta de compostaxe de galiñaza e instalación fotovoltaica en Palas de Rei – Lugo, promovido por Granja Campomayor S.L.
  • Construción dun centro verde de hidróxeno e amoníaco a partir de fontes de enerxías renovables en As Pontes de García Rodríguez - A Coruña, promovido por EsuH2 Mjolnir S.L. (Universal H2)
  • Construción dunha planta biotecnolóxica integral de produción de proteínas de orixe vexetal en Curtis - A Coruña, promovido por In Proteins for All, S.L.
  • Construción dun centro de investigación avanzada (e-Mobility) en Nigrán – Pontevedra, promovido por Borgwarner Emissions Systems Spain S.L.
  • Construción dunha planta de xeración de hidróxeno verde en Arteixo – A Coruña, denominado Proxecto Arteixo H2V, promovido por Accionaplug S.L.
  • Construción dunha planta industrial "Power-to-liquid(PtL)" de produción de Hidrocarburos sintéticos en Curtis - A Coruña, denominado Proxecto Breogán, promovido por Greenalia S.A.
  • Construción dunha planta de produción de pelets e planta de coxeración eléctrica baixo un modelo de Industria 4.0 en Pedrafita do Cebreiro - Lugo, promovida por Talentya Digital Global Solutions S.L.
  • Proxecto Triskelion para a produción de metanol verde - Mugardos (A Coruña), promovido por Forestal del Atlántico S.A
  • Proxecto dunha industria de manipulación e envasado de peixe - Rianxo (A Coruña), promovido por Stolt Sea Farm, S.A
  • Proxecto dunha planta de conversión de madeira en carbón vexetal - Dumbría (A Coruña), promovido por Xallas Electricidad y Aleaciones S.A.U

Ata o momento, o Consello da Xunta ten declarados os seguintes proxectos industriais estratéxicos:

  • Implantación dunha planta de produción de hidróxeno renovable H2Pole en As Pontes de García Rodríguez, promovido por Reganosa e EDP Renovables España.
  • Implantación dunha planta de pneumáticos en As Pontes de García Rodríguez, promovido por Sentury Tire.
  • Desenvolvemento dunha planta de produción de metanol verde a partires de captura de CO2, denominado Proxecto Triskelion, promovido por Forestal del Atlántico, S.A.
  • Implantación dunha fábrica de fibras téxtiles a base de celulosa en Palas de Rei, promovido por Altri Participaciones y Trading, S.L.
  • Desenvolvemento dunha planta de biofibra reciclada branqueada en As Pontes de García Rodríguez, promovido por Ence Energía y Celulosa, S.A.
  • Desenvolvemento dunha planta de produción de hidróxeno renovable de Meirama en Cerceda - A Coruña, promovido por H2Meirama, S.L.
  • Implantación dunha industria de manipulación e envasado de peixe en Cerceda - A Coruña, promovido por Stolt Sea Farm S.A.
  • Proxecto de ampliación dunha Central Hidroeléctrica de Bombeo en Meirama en Rianxo - A Coruña, promovido por Convetina Renovables, S.L
  • Proxectos Cobre San Rafael de extracción de cobre, rehabilitación de pasivos ambientais e xeración de sinerxias económicas en Touro e O Pino (A Coruña), promovido por Cobre San Rafael S.L
  • Proxecto Arteixo H2V para a construcción dunha planta de xeneración, almacenamento e distribución de hidróxeno verde no parque de actividades económicas de Arteixo (ACTECA), promovido por Accionaplug, S.L
  • Proxecto dun centro de procesamento de datos no concello de Curtis (A Coruña), promovido por Galicia Green Data Center, S.L
  • Proxecto dunha nova terminal de betume no Porto de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), promovido por Betunes Gallegos, S.L.U
  • Proxecto dunha planta de biometano no concello de Curtis (A Coruña), promovido por Norbiogás Biometano, S.L
  • Proxecto dunha nova planta produtiva sostible, avanzada e automatizada no concello de Pobra do Caramiñal (A Coruña), promovido por Congalsa S.L
  • Proxecto dunha nova planta de elaboración de produtos do mar para alimentación humana no concello de Arteixo (A Coruña), promovido por Pescanova España, S,L
  • Proxecto de ampliación dunha planta de fabricación de vehículos especiais todo terreo, no concello de Valga (Pontevedra), promovido por Uro Vehículos Especiales, S.A
  • Proxecto dunha planta de produción de biometano, no concello de Lugo, promovido por Lugaz Bioenerxía, S.L

proxectos