Rebranding: que é e cando renovar a imaxe da túa empresa

O rebranding define o proceso de modificación substancial da identidade dunha marca existente, que pode abarcar dende elementos visuais como o logotipo, a paleta cromática e a tipografía, ata aspectos máis profundos como a misión, a visión e os valores corporativos. Este proceso responde á necesidade de manter a relevancia da marca no mercado e fortalecer a súa conexión co público obxectivo.

A importancia do rebranding radica na súa capacidade para revitalizar empresa que enfrontan retos de percepción, competencia ou evolución sectorial. Unha marca ben xestionada constitúe un dos activos máis valiosos dunha organización, influíndo directamente na decisión de compra dos consumidores e na valoración da empresa no mercado.

Tipos de rebranding

Existen diferentes niveis de profundidade no rebranding que as empresas poden implementar segundo a súas necesidades:

  • Rebranding parcial ou de actualización: Céntrase en modernizar elementos visuais específicos mantendo a esencia da marca. Pode incluír a renovación do logotipo, a actualización da paleta de cores ou a modificación da tipografía, preservando o recoñecemento e a conexión emocional existente cos clientes.
  • Rebranding total ou radical: Implica unha transformación completa da identidade corporativa, incluíndo nome, imaxe visual, posicionamento, e ás veces, ata a proposta de valor. Este tipo de rebranding adoita producirse en situacións de crise reputacional severa, fusións empresariais importantes ou cambios estratéxicos radicais.
  • Rebranding proactivo: Realízase de forma anticipada, antes de que xurdan problemas, como parte dunha estratexia de evolución e adaptación ás tendencias do mercado.
  • Rebranding reactivo: Responde a situacións urxentes como crises de imaxe, cambios regulatorios ou presión competitiva que fan necesaria unha resposta inmediata.

Cando é necesario realizar un rebranding

  • Cambios no mercado ou no sector: As transformación tecnolóxicas, as novas tendencias de consumo e a aparición de competidores emerxentes poden facer que a entidade actual dunha empresa quede desfasada. Cando o sector experimenta unha evolución significativa, adaptar a marca resulta esencial para non perder relevancia.
  • Fusións, adquisición ou expansión: Os procesos de consolidación empresarial requiren frecuentemente unha revisión da identidade corporativa para reflectir a nova realidade organizativa. Igualmente, a expansión a novos mercados xeográficos ou a diversificación de produtos poden demandar unha renovación da imaxe para conectar con audiencias diferentes.
  • Percepción negativa ou imaxe obsoleta: Cando a marca adquire connotacións negativas simplemente envellece sen manter conexión coas novas xeracións de consumidores, un rebranding pode ofrecer unha segunda oportunidade. Os resultados de mercado que revelan unha percepción desfavorable ou desactualizada constitúen sinais claros da necesidade de intervención.
  • Reposicionamento estratéxico: As empresas que desexan orientarse cara un segmento de mercado diferentes ou modificar a súa proposta de valor necesitan aliñar a súa identidade visual e comunicativa coa nova estratexia. Este reposicionamento pode responder a decisións de crecemento, diferenciación ou especialización.

O rebranding representa unha ferramenta estratéxica poderosa para as empresas que necesiten adaptarse, evolucionar ou reposicionarse no mercado. Identificar o momento adecuado e o tipo de rebranding necesario constitúe o primeiro paso para unha renovación exitosa da marca. No próximo artigo, abordaremos as fases concretas para levar a cabo un proceso de rebranding eficaz.

É recomendable abordar o rebranding con profesionalidade, buscando asesoramento especializado que guíe o proceso. Solicita o asesoramento gratuíto da Oficina Económica de Galicia e utiliza os recursos dispoñibles para impulsar a túa empresa.