Rueda participa na inauguración do congreso ‘Hilos del futuro’, organizado polo Clúster téxtil de Galicia

  • Subliña a importancia de que as empresas traballen unidas para afrontar retos como a dixitalización, a sustentabilidade ou a remuda xeracional

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá na inauguración do congreso Hilos del Futuro, organizado polo Clúster Téxtil Moda de Galicia (Cointega), á que tamén asistiu a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana.

Durante o encontro, Rueda expresou o seu recoñecemento ao esforzo continuo e ao traballo diario dos profesionais e das empresas da moda galega. O presidente animou ao sector a traballar unido para afrontar os retos de futuro, tales como a dixitalización, a sustentabilidade ou a remuda xeracional. Para iso, apostou por seguir traballando como ata agora: “mirar ao futuro sempre esixe ter en conta as esencias, de onde se vén, o que nos da forza e o que nos recoñece no mundo”.