No mundo empresarial, anticiparse é unha vantaxe. E nese sentido, os seguros non son simplemente unha obrigación legal ou un gasto inevitable: son unha poderosa ferramenta de xestión de riscos. Protexen o teu negocio fronte a imprevistos, achegan estabilidade financeira e, ademais, poden converterse nun incentivo moi valioso para o teu persoal.
Xa sexa que esteas a comezar como autónomo ou dirixindo unha peme con varios empregados, coñecer os seguros adecuados axudarache a tomar decisións máis estratéxicas. Algúns son obrigatorios por lei, outros son altamente recomendables. E varios deles poden mesmo formar parte da retribución en especie, como forma de salario emocional, mellorando o clima laboral e axudando a reter talento.
Os seguros que toda empresa debe ter:
1. Seguro de accidentes segundo convenio
Cando unha empresa está suxeita a un convenio colectivo e conta con empregados, este seguro é obrigatorio en moitos casos. Cobre indemnizacións en caso de accidente, incapacidade ou falecemento dun traballador. Ignoralo supón un risco financeiro serio, xa que a empresa asumiría directamente os custos.
2. Seguro de Responsabilidade Civil
Esencial para protexer o patrimonio persoal e empresarial fronte aos danos que a túa actividade poida causar a terceiros. Desde un erro profesional ata un incidente nas túas instalacións, esta póliza axúdache a responder legal e economicamente ante imprevistos.
3. Seguro multirrisco do local
Tanto se operas desde unha oficina, unha tenda ou un taller, esta póliza cobre roubos, incendios, danos materiais e prexuízos a terceiros (por exemplo, a veciños). É un escudo que garante a continuidade operativa da túa empresa ante situacións adversas.
4. Seguros que suman valor: protección e salario emocional
Ademais dos seguros recomendables, hai outras pólizas que non só axudan a reducir riscos, senón que tamén poden converterse nun beneficio para o teu persoal e unha maneira de sumar valor, por exemplo, ofrecer estas coberturas como parte do paquete retributivo que tamén reforza a motivación e o compromiso dos traballadores.
5. Seguro de saúde
Un clásico do salario emocional. Contar cun seguro médico privado permite aos teus empregados acceder a atención sanitaria rápida e de calidade. Para os autónomos, supón ademais unha tranquilidade adicional e pode deducirse fiscalmente na declaración de IRPF. No caso das empresas, o custo tamén é deducible no Imposto de Sociedades.
6. Seguro de accidentes colectivos
Se a túa empresa non está suxeita a convenio pero queres protexer ao teu equipo, esta póliza é ideal. Cobre a todos os traballadores durante a súa actividade laboral e envía unha mensaxe clara: na túa empresa, as persoas importan.
7. Seguro de vida
É unha forma de protección financeira fronte a eventos inesperados. Contratalo como parte do paquete retributivo pode ser especialmente valorado por traballadores con cargas familiares. Ademais, demostra responsabilidade e compromiso a longo prazo.
Por que os seguros son clave na xestión de riscos?
Toda empresa está exposta a distintos tipos de riscos: operativos, legais, financeiros ou humanos. Os seguros permiten transferir parte dese risco a unha compañía aseguradora, o que che permite manter a estabilidade económica ante un sinistro ou situación adversa.
Contar cunha estratexia de seguros ben definida axúdache garantir a continuidade do negocio, cumprir coas túas obrigacións legais, mellorar a imaxe corporativa, aumentar a confianza de empregados, clientes e provedores, ou traer e fidelizar talento a través de beneficios non salariais.
En definitiva, contar cos seguros adecuados non é un gasto, senón un investimento en tranquilidade e estabilidade. Ter claras as túas obrigacións legais e anticiparte a posibles riscos permite centrarse no máis importante: facer medrar o teu negocio. Por outro lado, son unha parte fundamental da estratexia de negocio, xa que axudan a protexer o presente e futuro da túa empresa e, incluso, convertelos nunha vantaxe competitiva para atraer talento e coidar do teu equipo.
Na Oficina Económica animámosche a analizar as túas coberturas actuais e a deseñar unha política de seguros adaptada á túa actividade, aos teus riscos e ás túas persoas.
Guía rápida dos seguros obrigatorios (e recomendables) para a túa peme
Empezar un negocio implica tomar moitas decisións, e unha das máis importantes —aínda que a miúdo quede para o final— é contar coas coberturas adecuadas, xa que por moito que se planifique hai imprevistos que non se poden evitar. E cando iso ocorre, ter o respaldo dun bo seguro pode marcar a diferenza entre continuar ou ter que parar.
Ter claro que seguros son obrigatorios e cales convén contratar segundo o teu tipo de empresa axudarache a protexela. En todo caso, dependerá do tipo de empresa, do sector no que traballes ou de se tes empregados ao teu cargo. A continuación, repasamos as pólizas máis relevantes que deberías ter en conta para estar cuberto e tranquilo.
Seguros que esixe a lei (e que non podes ignorar)
1. Seguro de accidentes segundo convenio colectivo
Se a túa empresa ten traballadores e está suxeita a un convenio laboral, esta póliza é imprescindible. Cobre indemnizacións en caso de accidente, incapacidade ou falecemento dun empregado. Os importes e coberturas dependerán do convenio aplicable á túa actividade. Omitilo pode ter consecuencias económicas serias, xa que como empregador serías ti quen asuma todos os custos.
2. Seguro obrigatorio para vehículos de empresa
A túa actividade implica o uso de coches, furgonetas ou outros vehículos? Nese caso, debes aseguralos como calquera outro vehículo en circulación. A cobertura mínima esixida por lei é a de responsabilidade civil, aínda que é aconsellable ampliala segundo o uso e o valor do vehículo.
Seguros que non son obrigatorios, pero si moi recomendables
Ademais dos seguros requiridos por lei, existen outros que poden darche un plus de seguridade e tranquilidade. Son especialmente útiles en contextos onde os imprevistos poden paralizar a túa actividade ou afectar directamente ao teu equipo.
1. Seguro de Responsabilidade Civil
E se a túa actividade causa danos a terceiros? Este seguro é o teu escudo xa que cubre os problemas que poidan derivarse de erros ou accidentes relacionados co teu negocio. É fundamental para protexer o teu patrimonio persoal e profesional, especialmente en sectores con interacción directa con clientes ou provedores.
2. Seguro multirrisco para o local
Xa teñas unha tenda, unha oficina ou un taller, esta póliza protexe o teu espazo de traballo. Incendios, roubos, danos a veciños ou á mercadoría almacenada son só algúns dos imprevistos que cobre. Se o espazo onde operas é clave para a túa actividade, esta é unha póliza que deberías ter sen dubidar.
3. Seguro de accidentes colectivos
Se non estás vinculado a un convenio que o esixa, aínda podes protexer ao teu persoal cun seguro de accidentes que cubra eventualidades durante a xornada laboral. É unha forma de coidar ao teu equipo e reforzar a túa responsabilidade social como empresa.
4. Seguro de saúde
Ideal para autónomos e tamén para empresarios con persoal a cargo. Ademais de garantir unha atención médica rápida e eficiente, este tipo de póliza pode supoñer un incentivo para os empregados. E o mellor: tanto os autónomos como as empresas poden beneficiarse de vantaxes fiscais ao contratalo.
5. Seguro de vida
Non é agradable pensar niso, pero é necesario. Se tes persoas ao teu cargo —xa sexa familia ou socios— un seguro de vida garante unha compensación económica en caso de falecemento. É unha maneira de protexer a quen depende de ti e de asegurar certa estabilidade económica ante o inesperado.
En definitiva contar cos seguros adecuados non é un gasto, senón un investimento en tranquilidade e estabilidade. Ter claras as túas obrigacións legais e anticiparte a posibles riscos permite centrarse no máis importante: facer medrar o teu negocio.
Tes dúbidas sobre que seguros necesita a túa peme? Na oficina económica axudámosche a tomar decisións informadas para blindar a túa empresa desde o primeiro día.