Que requisitos debe cumprir o software de facturación?

3d-rendering-illustration-tile-blocks-with-faqs-word 3

Os principais requisitos están definidos no RD 1007/2023, modificado polo RD 254/2025, e desenvolvidos tecnicamente na Orde HAC/1177/2024. Algúns dos máis relevantes son:

Requisitos técnicos e funcionais do software:

  1. Xerar rexistros de facturación estandarizados, cos campos obrigatorios definidos (emisor, receptor, importes, impostos, etc.).
  2. Firma dixital ou código hash encadeado, para garantir integridade e inalterabilidade.
  3. Rexistro de eventos, que documente calquera modificación, anulación ou cancelación da factura.
  4. Prohibición de alteración posterior dos datos.
  5. Documento denominado “rexistro de alta da factura”, que recolle os datos clave da operación.
  6. Exportación de rexistros en formato estruturado (XML/JSON) para inspeccións.
  7. Posibilidade de conexión coa AEAT (se se desexa usar VERI*FACTU).

Só se poden usar programas certificados polo fabricante ou desenvolvedor, declarando expresamente o cumprimento da normativa.

Se precisas asesoramento gratuíto, podes solicitalo a través desta ligazón.