Que son os business angels?

3d-rendering-illustration-tile-blocks-with-faqs-word 3

Os business angels son unha nova fonte de financiamento externa cuxa achega vai máis aló da propia inversión económica. Son persoas (frecuentemente organizadas en redes) que titorizan un proxecto empresarial, co que se vinculan especialmente, e achegan diñeiro, pero tamén o seu tempo e o know-how adquirido no exercicio da súa profesión (experiencia, contactos, coñecementos etc.).

Trátase dunha forma de financiamento moderna, con apoio público e cada vez máis habitual para persoas emprendedoras.

Se tes máis dúbidas, podes consultarnos a través deste formulario.