Inicio
Apoios públicos
Detalle procedemento
Convocatoria 2024en plazoEn prazo:  02/05/2024 - 02/10/2024
???label.ove.filtro.conselleria.A12049003???

CT402C - Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais.

PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN

Determinar as condicións que regularán a concesión de subvencións para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas vinculadas ás artes escénicas e ou musicais e proceder á súa convocatoria para o ano 2024.

Consellería
???label.ove.filtro.conselleria.A12049003???
Órgano responsable
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
A onde acudir

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Cidade da Cultura - Monte Gaiás, s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996077/ 881996078

Fax: 881996080

Email: agadic@xunta.es

https://industriasculturais.xunta.gal

Código do procedemento
CT402C

QUEN PODE SOLICITALA?

1. Poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Tamén poderán ser persoas beneficiarias, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades obxecto da subvención, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Non poderán ser persoas beneficiarias desta convocatoria de subvencións:

a) As asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.

b) As persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

QUE PRAZO HAI PARA FACELO?

Prazo de presentación

ABERTO

02/05/2024 - 02/10/2024

1. O prazo para a presentación das solicitudes iniciarase aos dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará aos cinco (5) meses. A sede electrónica para a presentación de solicitudes abrirase ás 9.00 horas e o remate do prazo será ás 14.00 horas do día do vencemento.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal ao día da apertura do prazo de presentación de solicitudes. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

No obstante o anterior, unha vez esgotado o crédito na contía máxima fixada nestas bases, non se admitirán novas solicitudes aínda que a publicidade desta circunstancia se produza con posterioridade á publicación no Diario Oficial de Galicia e no portal web da Axencia: https://industriasculturais.xunta.gal

2. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá a persoa interesada para que a emende no prazo máximo e improrrogable de dez (10) días, e indicaralle que, se así non o fixer, se terá por desistida da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As subvencións
máis actuais

15/05/2024 - 14/06/2024
???label.ove.filtro.conselleria.A12049003???
15/05/2024 - 14/06/2024
???label.ove.filtro.conselleria.A12048956???