O empregado como creador de contido a nova tendencia en comunicación corporativa

Cales son as persoas que máis fiabilidade ofrecen á hora de trasladar unha mensaxe dunha entidade? Sen dúbida, as que forman parte do seu equipo. Escoitar as recomendacions para ben o para mal da empresa na que traballan vai a influir moito na reputación de marca que poidan facerse a ciudadanía.

Por iso, nun momento no que a confianza e a autenticidade son cada vez máis valoradas, as empresas están a cambiar a súa forma de comunicar. Xa non abonda con emitir mensaxes corporativas, a última novidade é potenciar a conexión coas persoas dende dentro da organización.

Neste escenario, gaña protagonismo unha tendencia en alza a do empregado como creador de contido. Un modelo de comunicación máis horizontal, coñecido como peer-to-peer, no que as persoas traballadoras comparten coñecemento, experiencias e logros do seu día a día.

Por que é importante dar voz ás persoas do equipo

As empresas están compostas por persoas, e son elas as mellores embaixadoras da organización. Cando un equipo comparte os seus propios fitos ou aprendizaxes, a comunicación gaña credibilidade e proximidade.

Para unha peme, isto supón unha vantaxe clara xa que aproveita o talento interno para xerar contido real e relevante.

Por exemplo, hai empresas que os seus técnicos teñen perfil en LinkedIn e comparten solucións a un problema habitual do sector o que funciona como posicionamento sen necesidade dunha acción comercial directa.

Que achega este modelo de comunicación

Fomentar que o persoal cree e comparta contido aporta múltiples beneficios:

  • Máis autenticidade xa que as mensaxes son máis naturais e menos institucionais.
  • Maior alcance ao ampliar a difusión da marca coa súa propia rede.
  • Reforzo da marca empregadora ao amosar como é a empresa desde dentro.
  • Xeración de coñecemento compartido porque pon en valor o talento interno.

Nun mercado laboral competitivo, este tipo de comunicación tamén contribúe a atraer e reter talento.

Que tipo de contido poden crear as persoas traballadoras

Non se trata de converter ao equipo en influencers, senón de facilitar que compartan aquilo que xa forman parte do seu día a día como podem ser logros profesionais ou participación en proxectos; formación ou eventos, consellos prácticos ou reflexións sobre tendencias do sector.

É tan simple como que unha persoa de administración pode explicar de forma sinxela cambios normativos que afectan ás empresas, achegando valor a outras pemes.

Como impulsar esta cultura dentro da empresa

Para que este modelo funcione, é importante que a empresa cree un entorno favorable:

  • Fomentar a confianza e a liberdade para compartir.
  • Ofrecer orientación sobre contidos e boas prácticas.
  • Evitar o control excesivo da mensaxe.
  • Recoñecer e valorar a participación do equipo.

Non se trata de obrigar, senón de motivar. A participación debe ser voluntaria e natural.

Superar as barreiras máis habituais

Moitas empresas atopan reticencias iniciais, tanto por parte da dirección como do equipo xa que xurden situación como a de medo a perder o control da comunicación, inseguridade á hora de expoñerse ou falta de hábito na xeración de contido e a sua programación.

Estas barreiras pódense superar con formación, acompañamento e creando un clima de confianza.

Unha oportunidade para as pemes galegas

Para as pequenas e medianas empresas, este enfoque é especialmente interesante xa que permite comunicar máis e mellor sen grandes investimentos, aproveitando o principal activo da organización, as persoas.

Dar voz ao equipo non só mellora a comunicación externa, senón que tamén fortalece o compromiso interno. Cando as persoas se senten escoitadas e valoradas, implicanse máis no proxecto común.

Porque, ao final, as marcas máis sólidas non son as que máis falan… senón as que mellor saben escoitar e compartir desde dentro.

Dispoñer de apoio personalizado, como o que ofrece a Oficina Económica de Galicia, pode ser clave para unha implementación exitosa. Solicita asesoramento especializado gratuíto e aproveita os recursos dispoñibles para impulsar o teu negocio.