Saúde financeira na túa peme: os 4 indicadores clave que debes dominar

Os teus documentos contables están en orde, xa sabes que ter as túas contas ao día dache unha base sólida para entender a túa peme. Grazas a isto podes delegar parte das túas responsabilidades e sentes que, pouco a pouco, podes recuperar un equilibrio entre a túa vida persoal e o traballo. Pero entón, despois dun bo fin de semana, descobres que a “caixa chica” ten pouca liquidez. Como anticiparte a isto antes de que suceda?

Aquí entran os indicadores clave de saúde financeira, ferramentas simples pero poderosas que che axudarán a tomar decisións con máis seguridade.

  1. Liquidez, é dicir a capacidade da túa empresa para facer fronte a pagos inmediatos, para responder en efectivo cando hai que pagar un compromiso urxente.
  • Ratio de liquidez (activos correntes / pasivos correntes): Un valor menor a 1 indica que poderías ter dificultades para pagar a tempo.
  1. Solvencia, permíteche saber se a túa empresa pode asumir todas as súas débedas, incluídas as de longo prazo. É unha fotografía máis completa da estabilidade financeira do teu negocio.
  • Ratio de solvencia (activos totais / pasivos totais): Se é maior a 1, estás nunha posición máis estable.
  1. Rendibilidade, mide a capacidade de xerar beneficios reais coa túa actividade. Non se trata só de vender máis, senón de que ao final quede unha marxe que xustifique o esforzo e o risco. Se non estás gañando, estás perdendo tempo ou recursos. Esta ratio deixarache saber se: estás gañando realmente coa túa actividade?
  • Marxe neto (beneficio neto / ingresos): Unha rendibilidade baixa pode ser sinal de que os ingresos non compensan os custos, ou de que hai áreas que requiren axustes.
  1. Endebedamento; un endebedamento san pode impulsar o crecemento; un excesivo, en cambio, pode volverse unha carga que asfixie a túa operación e che deixe sen marxe de acción.
  • Ratio de endebedamento (pasivo total / patrimonio neto): Un apalancamento alto non sempre é malo, pero si é unha alerta para revisar se podes sostelo.

O importante non é memorizar fórmulas, senón entender que che están dicindo os números. Estes indicadores non só serven para ti: tamén os usan bancos, inversores ou consultores para avaliar a túa empresa. Telos claros e saber explicalos ponche nunha posición moito máis forte para negociar e planificar.

Un dos errores máis comúns é revisar os números só cando chega o peche fiscal.
A saúde financeira coidase no día a día. Aínda que non sexas contable, podes ter unha folla de control con ingresos, custos, saldos bancarios e débedas que che brinde unha visión rápida da túa situación real. E se facelo só che costa, sempre podes apoiarte nun xestor ou en ferramentas dixitais que faciliten o seguimento.

Se precisas asesoramento neste ámbito, recorda que podes solicitar o servizo de asesoramento gratuíto da Oficina Económica de Galicia.