En determinados momentos, as empresas atravesan situacións que requiren decisións rápidas, experiencia contrastada e unha visión externa que permita avanzar sen perder o rumbo. Xa sexa por unha reestruturación interna, unha vacante inesperada na dirección ou a necesidade de acelerar un proxecto estratéxico, contar cun perfil externo que achegue coñecemento e capacidade de xestión pode marcar a diferenza.
É neste tipo de contextos onde entra en xogo a figura do interim manager, un profesional con ampla traxectoria que se incorpora de forma temporal para asumir funcións executivas específicas. O seu papel non é só cubrir unha necesidade, senón impulsar a transformación ou consolidar procesos fundamentais sen comprometer a estrutura a longo prazo.
Aínda que o termo aínda pode resultar descoñecido para moitas pemes, cada vez máis organizacións recorren a estes profesionais altamente cualificados que asumen funcións directivas de maneira temporal cun obxectivo claro: achegar experiencia, visión externa e capacidade de xestión desde o primeiro día.
Cando pode ser útil incorporar a un interim manager?
As empresas non sempre poden anticipar todos os retos. En ocasións xorden baleiros de liderado de forma repentina, pola marcha dunha directivo por exemplo, ou pola necesidade de acelerar procesos de transformación que esixen competencias específicas que a compañía non ten no seu equipo interno.
Tamén é habitual a súa participación en procesos de reestruturación, internacionalización, integración tras unha fusión ou adquisición, ou implantación de novas liñas de negocio.
Nestes escenarios, un interim manager actúa como un reforzo executivo temporal, que permite avanzar sen deter o rumbo da empresa mentres se toma unha decisión a longo prazo ou se executa un proxecto complexo.
Deste modo, unha das principais vantaxes de contar cun interim manager é que se trata dun perfil moi experimentado, afeito liderar equipos e tomar decisións en contornas de presión, que ofrece unha mirada externa, libre de inercias internas, e unha forte orientación a resultados.
Ademais, a súa incorporación é rápida e flexible, non require procesos de selección longos nin compromisos a longo prazo. Trátase dunha colaboración limitada no tempo, con obxectivos definidos e un claro enfoque no retorno.
As pemes, en particular, poden beneficiarse do interim management como fórmula para acceder a talento directivo de alto nivel sen necesidade de asumir o custo estrutural que supoñería unha contratación indefinida. É unha opción especialmente útil para proxectos que requiren unha dedicación intensiva nun período determinado ou para reforzar o equipo en momentos críticos sen comprometer a estratexia a longo prazo.
En definitiva, trátase dunha figura que achega estabilidade en tempos de cambio e permite afrontar os desafíos con maior seguridade e coñecemento. No o dubides! Solicita o servizo gratuíto de asesoramento da Oficina Económica de Galicia, para coñecer como implementar esta figura na túa empresa.