Se facemos factura electrónica á administración e estamos obrigados ao SII, xa estamos cumprindo sen utilizar VERI*FACTU?
Aínda que esteas no SII e uses factura electrónica, deberás adaptar o teu software a VERI*FACTU antes do 1 de xaneiro ou 1 de xullo 2026
No caso de negocios nos que é habitual o uso de ticket para entregar ao consumidor final, eses tickets van por VERI*FACTU?
Si, os tickets tamén deberán xerarse mediante VERI*FACTU, sempre que sexan documentos que cumpran función de factura simplificada
Se fago facturas en papel, é obrigatorio VERI*FACTU?
Si, aínda que emitas as facturas en papel, deberás usar un sistema informático compatible con VERI*FACTU a partir da entrada en vigor
Para facturar á administración autonómica e local, séguese facendo con factura electrónica ou cámbiase a VERI*FACTU obrigatorio sendo autónomos?
Séguese utilizando a factura electrónica tradicional a través de FACE ou outras plataformas habilitadas, cando o destinatario sexa a administración pública. VERI*FACTU e a factura electrónica B2G (empresa → administración) non son excluíntes nin substitutivos entre si. A situación é: A normativa da Lei Crea e Crece regula a factura electrónica entre empresas (B2B), e […]
Que tipos de publicidade pode facer un influencer?
Publicidade: Trátase dun contrato Embaixador/a de marca: é cara da marca. Agasallo: o produto ou servizo de balde. Contido orgánico
Os microinfluencers realmente funcionan?
Si, os microinfluencers teñen entre 1.000 e 100.000 seguidores funcionan, se buscas unha conexión co usuario e un maior retorno
É mellor facer un desconto ou un sorteo para crecer nas redes sociais?
Para mellorar o número de seguidores e visualizacións soen ser máis efectivos os sorteos. Pero tamén podes combinalos.
Como elixo o influencer adecuado para a miña marca?
Para elixir o influencer axeitado para a túa empresa, debes ter en conta os seguintes aspectos, Audiencia, Contido e Rendemento
Que vantaxes ten colaborar con influencers para promocionar produtos?
Acceso a unha audiencia obxectivo xa establecida, Maior credibilidade e confianza, Incremento do alcance e visibilidade da marca…
Que sinala o capital de traballo sobre a túa liquidez?
O capital de traballo representa a diferenza entre activos e pasivos a curto prazo. Un valor positivo significa que a empresa