Que é un préstamo?

É unha operación pola que unha entidade financeira cede unha cantidade de diñeiro e a cambio o que a recibe ten a obriga de devolvela nun prazo determinado.

Se teño unha peme, que libros de contas estou obrigado a levar?

Como empresario dunha peme, tes o deber de levar a contabilidade da empresa, que deberá verse reflectida nos libros Diario e Maior e, ao peche do exercicio, elaborar os estados financeiros (balance, conta de perdas e ganancias, memoria e estado de cambios no patrimonio neto). Como peme, estarías exento de elaborar os fluxos de tesourería.

É un problema que unha empresa teña exceso de liquidez?

Non é malo que unha empresa dispoña de moita liquidez, pero si que supón un custo de oportunidade importante non ter activos investidos no proceso de produción u noutros elementos que poidan xerar rendementos. Dispoñer de moitos fondos na caixa e bancos, e non destinalos a outros activos, é como ter moitas máquinas, pero manter […]

Que é unha garantía bancaria?

Unha garantía bancaria é un documento a través do cal un banco adquire o compromiso dun cliente en canto á obriga de facer fronte a un pago. No caso de que este a incumpra, executarase en favor do prestamista, é dicir, da entidade financeira que prestou o diñeiro. Se precisas asesoramento neste ámbito, podes poñerte […]