Como inflúe unha boa comunicación interna no éxito empresarial?

Unha comunicación interna eficiente impacta directamente no éxito da empresa ao mellorar a coordinación de equipos, aumentar a motivación dos empregados e reducir os conflitos laborais. Ademais, fortalece a identidade corporativa e permite unha mellor adaptación aos cambios e desafíos do mercado. A través da Oficina Económica ofrecemos asesoramento gratuíto. Só tes que pedilo no noso […]

Que erros comúns deben evitar as empresas na súa comunicación interna?

É habitual atopar situación de falta de claridade nas mensaxes o que acaba xerando confusión; un uso inadecuado das canles, como o exceso de correos electrónicos, a falta de retroalimentación dos empregados, a información desactualizada ou pouco accesible e non ter aliñados a comunicación interna cos valores e obxectivos da empresa. A través da Oficina […]

Como pode unha empresa fomentar unha comunicación interna efectiva?

Principalmente ter claros cales son as canles de comunicación para empregados, promover unha cultura de transparencia e diálogo aberto, fomentar o liderado comunicativo en todos os niveis da organización, implementar ferramentas dixitais e realizar auditorías ou revisións de resultados cada certo tempo.

Cales son as ferramentas máis efectivas para mellorar a comunicación interna?

Existen diversas opcións que poden optimizar a comunicación dentro dunha empresa e tamén dependerá do tipo de organigrama, pero as máis comúns son: Plataformas de mensaxería instantánea (Slack, Microsoft Teams). Boletíns internos ou newsletters corporativas. Intranets e portais internos. Reunións periódicas e encontros informais. Enquisas de satisfacción e caixas de correos de suxestións. A través […]

Por que é importante a comunicación interna nunha empresa?

É clave para o bo funcionamento de calquera empresa xa que facilita o fluxo de información entre empregados e departamentos, mellora o clima laboral, fomenta o compromiso e aumenta a produtividade. Unha boa comunicación reduce malentendidos e fortalece a cultura organizacional. A través da Oficina Económica ofrecemos asesoramento gratuíto. Só tes que pedilo no noso formulario.

De que formas de financiamento dispoño sen ter que recorrer a préstamos ou créditos?

Á parte das formas máis coñecidas de préstamos, créditos e liñas de crédito, existen outros métodos para obter financiamento para a nosa empresa. Por unha banda, están as formas de financiamento interno, é dicir, coas recursos xerados pola propia empresa. Entre estes destacan os fondos de amortización, isto é, a acumulación de capital para facer […]

Tiven un excedente de tesouraría, como podo rendibilizalo?

Se dispós dun excedente de tesouraría, podes empregalo para mellorar as contas da empresa a través de investimentos internos, como cancelar pasivo ou reducir o período medio de pago a provedores a cambio dun desconto. Se prefires investilo externamente, sempre tes opcións habituais como crear fondos de investimento ou carteiras xestionadas, ou investir en bolsa. […]