Cales son as ferramentas máis efectivas para mellorar a comunicación interna?
Existen diversas opcións que poden optimizar a comunicación dentro dunha empresa e tamén dependerá do tipo de organigrama, pero as máis comúns son: Plataformas de mensaxería instantánea (Slack, Microsoft Teams). Boletíns internos ou newsletters corporativas. Intranets e portais internos. Reunións periódicas e encontros informais. Enquisas de satisfacción e caixas de correos de suxestións. A través […]
Por que é importante a comunicación interna nunha empresa?
É clave para o bo funcionamento de calquera empresa xa que facilita o fluxo de información entre empregados e departamentos, mellora o clima laboral, fomenta o compromiso e aumenta a produtividade. Unha boa comunicación reduce malentendidos e fortalece a cultura organizacional. A través da Oficina Económica ofrecemos asesoramento gratuíto. Só tes que pedilo no noso formulario.
Que factores inflúen na interpretación das ratios financeiras e onde se poden atopar datos comparativos?
Aínda que ás veces se dan valores de referencia para os ratios, estes non teñen por que ser tomados sempre ao pé da letra. Existen condicionantes, como a conxuntura económica xeral e da nosa empresa, que poden xustificar resultados que, a priori, non encaixan neses valores. En xeral, débense ter en conta estes condicionantes e […]
Como chego ao Beneficio Neto da miña empresa e como incide nel o resultado financeiro e o pago de impostos?
O Beneficio Neto calcúlase tras restar ao Resultado Bruto de explotación as amortizacións contables, o resultado financeiro e o pago de impostos, os cales reducen o resultado ao final do exercicio. Non o dubides solicita o asesoramento dos nosos expertos.
Cales son os límites de horas extraordinarias que poden facer os meus traballadores?
O máximo de horas extraordinarias será de 80 ao ano. Ademais, existen algunhas limitacións en función da idade do traballador (os menores de 18 anos non poden realizalas) ou do tipo de xornada (os traballadores nocturnos tampouco poden realizalas). Non o dubides solicita o asesoramento dos nosos expertos.
De que formas de financiamento dispoño sen ter que recorrer a préstamos ou créditos?
Á parte das formas máis coñecidas de préstamos, créditos e liñas de crédito, existen outros métodos para obter financiamento para a nosa empresa. Por unha banda, están as formas de financiamento interno, é dicir, coas recursos xerados pola propia empresa. Entre estes destacan os fondos de amortización, isto é, a acumulación de capital para facer […]
Tiven un excedente de tesouraría, como podo rendibilizalo?
Se dispós dun excedente de tesouraría, podes empregalo para mellorar as contas da empresa a través de investimentos internos, como cancelar pasivo ou reducir o período medio de pago a provedores a cambio dun desconto. Se prefires investilo externamente, sempre tes opcións habituais como crear fondos de investimento ou carteiras xestionadas, ou investir en bolsa. […]
Cales son os elementos esenciais nunha estratexia de transformación dixital?
Para que a transformación dixital sexa efectiva, é importante enfocarse en tres piares fundamentais, a estratexia de negocio e relación con clientes, a mellora da xestión interna e a súa organización, e o uso da tecnoloxía adaptada ás tarefas. Non o dubides solicita o asesoramento dos nosos expertos
Por onde empezo a dixitalización da miña empresa?
O primeiro paso é enfocarse nas áreas que impactan directamente nos ingresos da empresa. Un bo punto de partida pode ser a creación dun ecommerce xunto cunha estratexia de márketing dixital para atraer e fidelizar clientes. A medida que este cambio se implementa, vanse axustando aspectos clave como loxística, xestión de pedidos e atención ao […]
É o mesmo dixitalización que transformación dixital?
Non exactamente. Dixitalizar implica incorporar tecnoloxías dixitais a certos procesos, mentres que a transformación dixital é un cambio máis profundo. Require repensar a operativa da empresa para aproveitar a tecnoloxía de maneira estratéxica, mellorando a eficiencia, a experiencia do cliente e os resultados do negocio. Non se trata só de substituír procesos manuais por dixitais, […]