Que é un leasing?

3d-rendering-illustration-tile-blocks-with-faqs-word 3

O leasing ou arrendamento financeiro é unha forma de financiamento a longo prazo que consiste na cesión por parte dun financiador á empresa dun ben (é moi utilizado para adquirir, por exemplo, vehículos) a cambio dunha cota periódica, cuxo importe total é normalmente o valor do obxecto cedido máis os xuros e gastos derivados. Frecuentemente, os contratos de leasing contemplan a posibilidade de compra do ben unha vez finalizado o contrato, a cambio do valor residual do mesmo.

A principal vantaxe é que permite á empresa dispoñer do ben sen ter que facer un gran desembolso inicial nin sacrificar as posibilidades de produción que o ben permite, mentres que a empresa que financia obtén rendementos, pero, ao conservar a propiedade do ben ata o final do contrato, dispón sempre dunha certa garantía.

Un exemplo da súa utilidade sería unha persoa que quere montar unha empresa de repartos; ao utilizar este método podería comprar varios furgóns e comezar a obter rendas sen necesidade de aforrar durante anos para comprar un polo método tradicional, nin debe renunciar aos beneficios que os vehículos lle permiten obter. Ademais, en España gozan dun bo tratamento fiscal.